O Monte Maior é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a área do monte Maior, un dos montes de Buio, e que ten en si zonas húmidas e corredores fluviais de interese. Esta área de conservación ocupa 1.247 ha. dos concellos da mariña lucense de Viveiro e Xove.
Fauna e flora Flora O Monte Maior é unha zona de baixa montaña, nunha zona climática atlántica xa preto da ría de Viveiro, na que destacan as turbeiras altas activas e a homoxeneidade das zonas húmidas. Ten zonas desde ribeiras e pastos con gramíneas a montes con queirogais (con Erica ciliaris e Erica tetralix). Nestes hábitats aparecen as especies en risco Sphagnum pylaesii e Narcissus asturiensis. Nos bosques de ribeira dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e nas zonas húmidas destaca a presenza de Nardus. Conta con turbeiras altas activas.
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Especie Narcissus asturiensis Sphagnum pylaisii
Fauna No Monte Maior destaca o paso de seis especies de aves de alto interese de conservación e a presenza de Lacerta schreiberi e Rhinolophus ferrmuequinum.
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta monticola Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Lexislación O Monte Maior foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Notas
Categoría:Viveiro Categoría:Xove Monte Maior