miniatura|Escudo de armas de Teobaldo I de Navarra e IV de Champaña Teobaldo I de Navarra e IV de Champaña o Trobador, nado en Troyes en 1201 e finado en Pamplona en 1253, foi conde de Champaña e Brie (1201 - 1253) e rei de Navarra (1234 - 1253).

Traxectoria Orixes familiares Era fillo de Teobaldo III de Champaña e Branca de Navarra. Por liña paterna era neto de Henrique I de Champaña e María de Francia, e por liña materna de Sancho VI de Navarra e Sancha de Castela.

Matrimonios e descendentes Cara a 1220 casou con Xertrude de Dagsburg, filla do conde Alberte de Dabsbourg.

En 1222 casou, en segundas nupcias, con Inés de Beaujeau, filla de Guichard de Beaujeau e Sibila de Hainaut e curmá de Lois IX de Francia. Desta unión naceu:

a infanta Branca de Navarra (1226 - 1283), casada en 1236 con Xoán I da Bretaña, duque da Bretaña.

En 1232 casou novamente con Margarida de Borbón-Dampierre. Desta unión naceron:

a infanta Leonor de Navarra (1233). o infante Teobaldo II de Navarra (1238 - 1270), rei de Navarra e conde de Champaña. a infanta Beatriz de Navarra (1242 - 1295), casada en 1258 co duque Hugo IV de Borgoña. o infante Pedro de Navarra (? - 1265 ), señor de Muruzabal. a infanta Margarida de Navarra (? - 1306), casada en 1255 co duque Fernando III de Lorena. o infante Henrique I de Navarra (1244 - 1274), rei de Navarra e conde de Champaña.

Tivo varios fillos ilexítimos:

Guillerme de Navarra (? - 1267), sacerdote. Margarida de Navarra, casada con Àlvar Pérez de Azagra, señor de Albarracín. Elida de Navarra, morta de pequena. Berengaia de Navarra, priora de Sant Pere de Ribes Marquesa de Navarra, casada con Pere Ferrandis, señor de Híxar, bastardo de Aragón. Filla ilexítima con Marquesa Gil de Rada .

Alcume: o Trobador Teobaldo é coñecido como o Trobador pola súa fama de poeta, que xa tiña no seu tempo e que a historia confirmou.

Ascenso ao condado de Champaña Nacido o mesmo ano da morte do seu pai, Teobaldo foi nomeado conde de Champaña ese mesmo ano. A súa nai comezou unha rexencia que durou ata 1222, cando fixo os 21 anos. A rexencia foi dura, especialmente polos constantes enfrontamentos coa familia Brienne, que lles demandaban o trono do condado ao seren curmáns de Teobaldo.

Ascenso ao trono navarro miniatura| Frontal e parte traseira do selo de Teobaldo I de Navarra. Empregou un modelo de selo do seu avó Sancho VI de Navarra, onde aparece o carbunclo, mentres mantiña o sinal heráldico iniciado polo seu pai, Teobaldo III de Champaña, a barra de Champaña. Morto Sancho VII os navarros esqueceron a vontade do rei, na que facía herdeiro a Xaime I o conquistador e chamaron a Teobaldo, que ao mes da morte do seu tío se presentou en Pamplona, onde xurou os Foros do reino, alimentando a coroa de Navarra cunha dinastía recoñecida de ricos vasalos do rei de Francia establecidos ao norte do reino e instaurando a chamada dinastía champaña .

Relacións cos veciños Sela pactos con Castela, Aragón e Inglaterra, o que lle permitiu consolidarse na coroa. Gobernou axudado por nobres do Champaña, que recibiron importantes postos. Reduciu a importancia das tenzas como división territorial e introduciu catro grandes distritos confiados a meiriños, aos que atribuíu funcións fiscais e de orde pública. Estableceu as súas leis por escrito e comezou a recompilación das tradicións xurídicas da monarquía navarra coñecida como "Foro xeral".

Para obter o apoio de Castela, acordou o matrimonio da súa filla Branca con Afonso, o futuro Afonso X o Sabio . Neste pacto, Fernando III de Castela ofrecía a Teobaldo as terras de Guipúscoa mentres vivise o navarro, pero non as de Áraba, como tamén pretendía Teobaldo; Así, o reino de Navarra tería unha saída natural ao Cantábrico. Este tratado, que non chegou a cumprirse, tería suposto a incorporación de Navarra a Castela. Parece que ao ano seguinte prometeu a súa filla Branca co duque da Bretaña.

Cruzadas En 1238 dirixiu un exército cruzado en Terra Santa. A pesar de ser derrotado, as disputas entre musulmáns permitíronlle asinar a paz e obter para os cristiáns as cidades de Xerusalén, Belén e Ascalón. Volveu da cruzada a finais do ano 1240, pasando boa parte do seu reinado viaxando continuamente entre Navarra e Champaña.

Relacións coa igrexa Mantivo grandes diferenzas co bispo de Pamplona, Pedro Jiménez de Gazólaz, e negouse a responder ante os tribunais papais. Un consello provincial celebrado en 1250 chegou a escomungalo, pero o papa Inocencio IV concedeulle un privilexio especial polo que, sen o mandato da Santa Sé, ninguén podería escomungar ao rei .

Morte Morreu o 8 de xullo de 1253 en Pamplona ao regreso dunha das súas viaxes á rexión de Champaña, sendo enterrado na catedral desta cidade.

Véxase tamén bibliografía Paul Flamant, Thibaut le chansonnier, fabliau en 2 actes -en vers-, Eugène Figuier éditeur, París, 1927 Les Chansons de Thibaut de Champagne, roi de Navarre, édition critique, Axel Wallensköld, Edouard Champion éditeur, París, 1925

Thibaut de Champagne, Les Chansons. Textes et mélodies, édition bilingue établie, traduite, présentée et annotée par Christopher Callahan, Marie-Geneviève Grossel et Daniel E. O'Sullivan, París, éditions Honoré Champion, Champion classiques. Moyen Âge n°|46, 2018

Ligazóns externas

Categoría:Reis de Navarra Categoría:Nados en 1201 Categoría:Finados en 1253 Categoría:Nados no departamento de Aube Categoría:Condes de Champaña Categoría:Condes de Brie Categoría:Escritores en lingua francesa