A carga da brigada lixeira (en ) é un filme estadounidense de 1936 dirixido por Michael Curtiz. É un filme de aventuras de Warner Bros.Variety film review; 4 de novembro de 1936, páxina 18.Harrison's Reports film review; 7 de novembro de 1936, page 178. e foi producido por Samuel Bischoff, con Hal B. Wallis como produtor executivo. O guión é obra de Michael Jacoby e Rowland Leigh, a partir dunha historia de Michael Jacoby baseada no poema The Charge of the Light Brigade de Alfred Tennyson. A banda sonora foi composta por Max Steiner; a primeira para Warners e a fotografía é obra de Sol Polito.
Está protagonizado por Errol Flynn e Olivia de Havilland e a historia está vagamente baseada na historia real da Carga da Brigada Lixeira que ocorreu durante a guerra da Crimea (1853–56). Ademais, a historia inclúe un evento semellante ó asedio de Cawnpore durante a Rebelión da India de 1857. Este foi o segundo dos oito filmes que Errol Flynn e Olivia de Havilland protagonizaron xuntos. Unha segunda versión do filme, estreada en 1968 co mesmo nome de The Charge of the Light Brigade, está protagonizada por Trevor Howard e Vanessa Redgrave.
Estreouse en galego o 31 de decembro de 1987 a través da TVG.La Voz de Galicia, 31 de decembro de 1987. Páx. 79
Personaxes Errol Flynn como Maior Geoffrey Vickers Olivia de Havilland como Elsa Campbell Patric Knowles como Capitán Perry Vickers Henry Stephenson como Sir Charles Macefield Nigel Bruce como Sir Benjamin Warrenton Donald Crisp como Coronel Campbell David Niven como Capitán Randall C. Henry Gordon como Surat Khan G. P. Huntley, Jr. como Maior Jowett Robert Barrat como Conde Igor Volonoff Spring Byington como Lady Octavia Warrenton E. E. Clive como Sir Humphrey Harcourt J. Carrol Naish como Subahdar-Major Puran Singh Walter Holbrook como Cornet Barclay Princess Baigum como nai de Prema Charles Sedgwick como Cornet Pearson Scotty Beckett como Prema Singh George Regas como Wazir Helen Sanborn como Mrs. Jowett Holmes Herbert como Xeneral O'Neill (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1936 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Curtiz Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes ambientados en 1854 Categoría:Filmes ambientados no Raj Británico Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes baseados en poemas Categoría:Filmes de 1936 con versión en galego