A lavandeira citrinaPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Motacilla citreola) é un pequeno paxaro cantor da familia Motacillidae.

Etimoloxía O xénero, Motacilla foi creado con este nome por Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae. Motacilla en latín era o nome da lavandeira branca, que é o diminutivo de motare, 'moverse continuamente', pero desde tempos medievais confundiuse cilla con 'cola'. O termo citreola en latín significa 'de cor amarelado'.

Taxonomía

A sistemática, filoxenia e taxonomía desta especie foi obxecto de considerable debate a inicios do século XXI debido a que esta ave forma un complexo de especies crípticas con M. tschutschensis e M. flava. Decidir cales dos moitos taxons deste grupo corresponden a cales das moitas poboacións é improbable que se resolva no futuro inmediato.

Descrición É un paxaro delgado de 15,5 a 17 cm de longo, que move constantemente a súa longa cola, como é característico do xénero Motacilla. O macho adulto en plumaxe reprodutora é basicamente gris ou negro pola parte superior, con branco nas plumas rémixes, e amarelo brillante por debaixo e en toda a cabeza menos na caluga negra. En pumaxe invernal, as partes amarelas poden diluírse en cor branca, e a cabeza pasa a ser amarronada con supercilio amarelado. As femias parécense xeralmente a versións destinxidas dos machos en plumaxe invernal.

Distribución Esta especie reprodúcese na parte norte de Asia central en prados húmidos e na tundra. Migra en inverno ao sur de Asia, a miúdo a terras altas. A súa área de distribución está expandíndose cara ao oeste e é unha ave errante rara pero cada vez máis frecuente en Europa occidental, incluíndo Galicia. As aves errantes parecen estender a súa migración en lugar de extraviarse na súa ruta.

Ecoloxía É un paxaro insectívoro que vive en zonas de campo aberto preto da auga, como prados húmidos e pantanos, e nidifica no chan, poñendo 4 ou 5 ovos con manchas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Motacilla Categoría:Animais descritos en 1776