Nicolás María González Aller, nado en Lalín o 9 de agosto de 1947, é un pintor e político galego.
Traxectoria Fillo de Luis González Taboada. Foi director da sucursal da Caixa de Aforros de Ourense en Lalín de 1981 a 1987,La Voz de Galicia, 12-12-1981, p. 33. e despois da sucursal de Caja Madrid (1993), e presidente do Club Deportivo Lalín. Foi o número catro na candidatura de Coalición Galega pola provincia de Pontevedra ás eleccións autonómicas de 1985.La Voz de Galicia, 17-11-1985, p. 36. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a lista de Converxencia Nacionalista Galega ao concello de Lalín,La Voz de Galicia, 12-4-1941, p. 34 pero non lorou representación. Fixo a súa primeira exposición en Lalín en 1994. Volveu ser presidente do Club Deportivo Lalín (1997-2000). A partir de 1999 dirixiu o proxecto cultural Silleda Creart da Semana Verde de Galicia.La Voz de Galicia, 17-12-1998, p. 47 Residiu dous anos en Costa do Marfil (2005-2007).La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 17-3-2007, p. l2.
Vida persoal
Casou con María Teresa Casares Peláez, divorciado en 2005. É pai de Teresa, Berta e Nicolás González Casares. Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Lalín
Ligazóns externas
Nicolás González Aller: "'Unha leira na lúa' nace porque me cansei dos terrícolas e marchei ao espazo", entrevista en Faro de Vigo.
Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes