Videodrome é un filme de ciencia ficción canadense de 1983, escrito e dirixido por David Cronenberg e protagonizado por James Woods, Sonja Smits e Deborah Harry.
Sinopse Max Renn (James Woods) é dono dunha pequena cadea de televisión por cable de Toronto. Nunha ocasión, chéganlle imaxes nas que a xente parece ser torturada e asasinada. Nun comezo, o sinal semella provir de Malaisia, mais logo descobre que a súa orixe está en Pittsburgh, Pensilvania.
Máis tarde, Max descobre que esta transmisión, chamada Videodrome, é en realidade moito máis ca un programa de televisión morboso: é unha especie de experimento que utiliza transmisións regulares de televisión para alterar permanentemente a percepción dos seus espectadores, causándolles danos no cerebro e alucinacións.
Despois de quedar exposto a estes sinais, Max comeza a experimentar efectos estraños e alucinacións.
Véxase tamén Ligazóns externas Videodrome en Internet Movie Database
Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Cronenberg Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de ciencia ficción Categoría:Filmes sobre pornografía