Chang Kee Jung, nado en Daegu o 24 de abril de 1955, é un físico e profesor estadounidense. Profesor da Universidade de Stony Brook, foi recoñecido como Profesor distinguido da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en 2015https://www.worldcat.org/identities/lccn-n87870137/, e recibiu o premio Chanceler para Excelencia ó alto nivel de rendemento e Actividades Creativas de SUNY en 2014.

Traxectoria Chang Kee Jung naceu en Daegu, Corea do Sur, onde de neno tiña que camiñar ata hora e media para ir á escola. Trasladouse a Seúl ós 10 anos. Graduouse no Instituto de Seúl en 1973, e en Física na Universidade Nacional de Seúl en 1979, cunha interrupción breve para facer o servizo militar obrigatorio en 1976-77. Durante ese período, Jung era un activo membro do Club Alpino universitario, e afeccionado á música, deixando unha composición para o club. En 1980, Jung trasladouse aos EUA. para participar nun Ph.D na Universidade de Indiana en Bloomington, Indiana. Alí tamén estudou composición musical, sendo tocada unha peza súa para violín e cello no simposio de compositores de Bloomington. Jung Recibiu o seu Ph.D. especializándose en Física Experimental de Altas Enerxías no 1986.

Pasou a ser investigador asociar (postdoc) no Stanford Linear Accelerator (SLAC) en 1986, e logo profesor axudante en Stony Brook en 1990, titular en 2000, e Profesor Distinguido en 2015.https://indico.fnal.gov/getFile.py/access?contribId=1&resId=1&materialId=slides&confId=9389

Desde 1986-1990, Jung completou a súa investigación postdoctoral en SLAC na Universidade de Stanford, traballando no Experimento de HRS, PEP, e o Experimento MarkII, SLC. En 1991 uniuse ó equipo do experimento Super Kamiokande (SK) no Stony Brook Nucleon decay and Neutrino (NN) Group. O grupo era parte dunha coalición que participou no Super Kamiokande, que levou ao descubrimento do fenómeno da oscilación dos neutrinos. Este traballo ganou o Nobel Premio en Física en 2015. Jung Serviu nos equipos directivos e comités de varios experimentos de decaemento de Neutrinos e Nucleóns, incluíndo a súa función como Co-Portavoz para a colaboración K2K US e Internacional Co-Portavoz para a colaboración T2K. Os tres experimentos (Super-Kamiokande, K2K e T2K) foron recoñecidos co Premio Breakthrough en Física Fundamental en 2016.

En 2019, Jung é o portavoz para a colaboración T2K US e Fundador e Líder do Comité de dirección para os obradoiros da serie da próxima xeración de detectores do decamento de Nucleóns e Neutrinos (NNN). Tamén está traballando no Deep Underground Neutrino Experiment.

A física dos deportes Jung propúxose estender o coñecemento da física a adestradores non-científicos e ó público durante a súa carreira docente. Presentou dous cursos dirixidos a deportistas non científicos en Stony Brook, titulados "Luz, Cor e Visión" e "A Física dos Deportes." O último, creado en 2003, era o primeiro do seu tipo en ser ofrecido nos EUA. O éxito deste curso levouno a ser solicitadopor cadeas de noticias para as súas seccións de deporte, como NBC 4 NY e ABC News. En particular, foi citado para achegar a súa idea científica no escándalo da NFL.

Notas

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos de Corea do Sur Categoría:Física de partículas Categoría:Nados en Daegu Categoría:Nados en 1955