Aminatta Forna, nada en Bellshill (Lanarkshire, Escocia) en 1964, é unha escritora de Serra Leoa.
Traxectoria Filla de pai de Serra Leoa, Mohamed Forna, e nai escocesa, Maureen Christison. Cando tiña seis meses a familia mudouse a Serra Leoa, onde Mohamed Forna traballaba como físico. Despois involucrouse na política, até que en 1975 foi condenado por traizón. A etapa desa época e a súa investigación sobre a conspiración arredor da morte do seu pai están tratadas no seu libro de memorias The Devil That Danced on the Water.
Forna estudou Dereito na University College London. En 2013 asumiu o posto de profesora de Escritura Creativa na Universidade Bath Spa.
Entre 1989 e 1999 traballou para a BBC, tanto na radio como en televisión, como reporteira e documentarista nas esferas da arte e a política. Fixo os documentais sobre África Through African Eyes (1995),Through African Eyes (videorecording), written and directed by Aminatta Forna; a BBC/RM Arts co-production; Smithsonian Institution Libraries. Africa Unmasked (2002)Africa Unmasked: The Black Man's Burden (2002), BFI. e The Lost Libraries of Timbuktu (2009).The Lost Libraries of Timbuktu, BBC Four.
Obra The Devil That Danced on the Water: A Daughter's Quest (2003) Ancestor Stones (2006) The Memory of Love (2010) The Hired Man (2013) Happiness (2018)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Aminatta Forna – Web oficial
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Escritores de Serra Leoa Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Escritores en lingua inglesa