Vahid Halilhodžić, nado en Jablanica o 15 de outubro de 1952, é un exfutbolista e adestrador franco-bosníaco.
Traxectoria Vahid naceu nunha localidade de Bosnia e Hercegovina que entón formaba parte de Iugoslavia. Seu pai Safet practicaba o fútbol como afeccionado no club local, o FK Turbina Jablanica, e foi alí onde se iniciou no fútbol Vahid Halilhodžić e dous dos seus irmáns. O campo do club estaba a menos de cen metros da súa casa familiar. Asemade, continuou coa súa educación sen pretender converterse en futbolista profesional.
FK Velež Mostar Con 14 anos foi a Mostar para estudar no instituto electrotécnico, sen volver xogar partido oficial ningún co Turbina. Mais con 16 anos entrou na academia do Velež Mostar que xogaba na Primeira Liga de Iugoslavia, en parte pola insistencia de seu irmán, Salem, que xogaba como dianteiro no club. Vahid xogou nas seccións xuvenís nos dous anos e medio seguintes, e logo de asinar un contrato profesional o club cedeuno ao Neretva Metković, que xogaba nunha liga inferior, para coller experiencia.
Ao volver ao Mostar fíxose cunha praza na primeiro equipo na tempada 1972-73, formando unha parella de ataque con Dušan Bajević, axudando ao Velež a rematar a tempada no alto da clasificación tras o Estrela Vermella. Halilhodžić converteuse nun dos puntais no club ao longo da década de 1970, xogando un total de 376 encontros e marcando 253 goles para o equipo (incluíndo 207 aparicións e 103 goles na Primeira Liga de Iugoslavia), e foi decisivo para gañar o principal trofeo do club, marcando dous goles na vitoria 3 a 2 na Copa de Iugoslavia contra do Željezničar. En setembro de 1981 marchou de Iugoslavia para xogar no equipo francés do Nantes.
FC Nantes
Consonte a lei vixente na época en Iugoslavia Vahid non podía marchar do pais ata chegar á idade de 28 anos.Yannick Batard (2005) FC Nantes : Une équipe, une légende, Éditions Cheminements, p. 346 En 1981 varios clubs estaban á súa procura, o alemán VfB Stuttgart, o italiano Torino e o inglés Leeds United Laurent Jaoui et Lionel Rosso (2006) Coach Vahid : Une vie comme un roman, Calmann-Lévy,p. 96, mais decidiuse polo FC Nantes. Vahid Halilhodžić tivo un debut de tempada difícil e tardou en inscribir o seu primeiro gol no campionato de FranciaYannick Batard (2005) FC Nantes : Une équipe, une légende, Éditions Cheminements, p. 352. Non obstante, logrou un posto como titular axiña, marcando 7 goles en 28 aparicións na tempada 1981-82. A tempada seguinte axudou a lograr o sexto título do campionato francés e foi o máximo goleador da liga con 27 goles en 36 partidos. Halilhodžić pasou cinco anos en Nantes, con 163 aparicións na liga e 92 goles para o seu club, logrando tamén ser o máximo goleador na tempada 1984–85 con 28 goles.
Paris Saint-Germain En 1986 Halilhodžić decidira volver a Bosnia, e pasar máis tempo coa súa familia, especialmente co seu pai inválido. Mais Francis Borelli, presidente do Paris Saint-Germain, convenceuno para fichar co club parisiense por unha tempada, e así xogou os primeiros 14 partidos da tempada 1986/87, marcando 8 goles. Así e todo, súa nai morreu no decurso da tempada e Halilhodžić decidiu volver a Bosnia e retirarse do fútbol activo.
Selección nacional A Halilhodžić convocárono 15 veces para a selección iugoslava, marcando 8 goles. Despois de debutar como internacional da absoluta en xuño de 1976, tamén apareceu nalgún encontro para a sub-21 en 1978. Malia os seus 26 anos, beneficiouse da norma que permitía participar dous xogadores de máis de 21 por equipo, contribuíndo a gañar o campionato europeo sub-21, e levou o trofeo ao mellor xogador do campionato.
O seu debut na absoluta foi na Eurocopa de 1976 co adestrador Biće Mladinić como substituto de Slaviša Žungul no partido pola terceira praza contra dos Países Baixos, que Iugoslvaia perdeu 2 a 3 en Zagreb. Nos dous anos seguintes tivo dúas aparicións máis, como substituto, a primeira en setembro de 1976 nun amigable contra Italia en Roma e a outra en novembro de 1977 na casa contra España que finalizou en derrota iugoslava e puxo fin ás súas esperanzas de ir ao Mundial de 1978.
Clasificación Eurocopa 1980 En outubro de 1978 saíu por primeira volta como titular nun encontro, clasificatorio para a Eurocopa de 1980, contra España na casa, e supuxo o seu primeiro gol coa selección marcando no minuto 44 o 1 a 2, que acabou por ser o resultado final. Iugoslavia xogou un novo partido de clasificación fronte a Romanía, que tamén perdeu, por 2 a 3. O resultado supuxo a destitución do adestrador Mladinić, e a súa substitución de xeito interino por Dražan Jerković. Halilhodžić xogou o seguinte amigable con Jerković, logrando un triplete contra Grecia.
En abril de 1979 Miljan Miljanić volveu á selección e realizou cambios importantes no equipo para lograr a clasificación para a Eurocopa, e Halilhodžić foi unha das numerosas baixas.
Mundial de 1982 Halilhodžić fixo como substituto dúas aparicións no Mundial de 1982, xogou os últimos quince minutos contra España e toda a segunda parte contra Honduras, xa que para a posición de atacante, Miljanić preferiu a Safet Sušić, e Halilhodžić expresou o seu desgusto contra do adestrador por non lle dar un papel máis prominente no equipo iugoslavo"Vahin rat i dalje traje" . Mondo, 7 de febreiro de 2011.
1987-1993. Anos de transición Vahid Halilhodžić volveu a Bosnia en 1987 tras a morte de súa nai para coidar de seu pai inválido, que morreu pouco despois. Na época abriu diversos negocios, incluído un bar, en Mostar. En 1989 comezou a estudar para lograr o diploma de adestrador. En 1990 converteuse en director deportivo do Velež Mostar. Mais estoupou a guerra en Bosnia e tras enviar a súa familia a Francia el mesmo acabou por marchar en 1993 ao recibir unha proposta para adestrar un equipo francésGrégoire Pourtier "Vahid Halilhodzic met Lille à ses pieds" Libération, 6 de setembro de 2000.
Adestrador En 1993 o equipo francés do AS Beauvais solicitou os seus servizos e Halilhodžić partiu para Francia. A súa misión era manter o equipo na segunda división pero non segue logo da primeira tempada, argüíndo falta de ambición do club.
Sen club ao que adestrar pasou os seguintes tres anos visitando diferentes clubs para observar os métodos de adestradores como Marcello Lippi ou Fabio Capello Sasa Ibrulj "Vahid Halilhodzic looks for redemption at Africa Cup of Nations". The Guardian, 24 de xaneiro de 2013. Seguindo os consellos de Henri Michel, seleccionador de Marrocos e antigo compañeiro do bosníaco no Nantes, Halilhodžić foi adestrar o Raja Casablanca, e so a súa dirección, o equipo gañou a Liga de Campións da CAF en 1997 e no ano seguinte logrou o campionato de Marrocos, cunha soa derrota.
Lille En outubro de 1998 volveu a Francia para adestrar o Lille, que loitaba por sobrevivir na segunda división. A súa primeira tempada no club rematou loitando por ascender, sen logralo por diferenza de goles. Na tempada 1999-2000 o club dirixido por Halilhodžić dominou a competición e rematou no alto da táboa, 16 puntos por enriba do segundo clasificado, o Guingamp, logrando a promoción á Ligue 1.
Na tempada seguinte o equipo realizou unha boa campaña, rematando terceiros á fin da tempada 2000–01, a só sete puntos dos campións, o Nantes, clasificándose para a Liga de Campións da UEFA 2001-02 e nesa primeira participación na historia do club, logo de derrotar o Parma na clasificación, o Lille rematou terceiro do seu grupo tras o Deportivo da Coruña e o Manchester United, progresando na Copa da UEFA 2001-02 chegando á rolda 16 antes de caer diante o Borussia Dortmund pola regra do gol en campo contrario. Na liga o equipo quedou en quinto lugar e á fin da tempada Vahid anunciou a súa marcha.
Rennes O 14 de outubro de 2002 substituíu a Philippe Bergeroo á fronte do Rennes, despois de dez xornadas de campionato e só oito puntos, para o salvar do descenso á segunda división. Halilhodžić logrou ao final da tempada chegar á 15ª praza dunha liga de 20 e evitar a baixada por dous puntos.
Paris Saint-Germain En maio de 2003 Francis Graille, presidente-delegado do Paris Saint-Germain e antigo dirixente do Lille recrutouno"Vahid Halilhodzic, l'intransigeance jusqu'à l'excès". Le Nouvel Observateur, 9 de febreiro de 2005]. Despois da marcha do seu xogador estrela Ronaldinho, o club da capital francesa mercou o atacante portugués Pedro Miguel Pauleta. O equipo rematou segundo do campionato e logrou a Copa de Francia, o seu primeiro título desde 1998, clasificándose tamén para a Liga de Campións. Tras esta primeira tempada exitosa, o club sufriu numerosas baixas, Gabriel Heinze, Juan Pablo Sorín ou o capitán Frédéric Déhu, tamén perdeu a Fabrice Fiorèse que foi ao Olympique de Marseille en agosto de 2004, despois de denunciar o autoritarismo do seu ex-adestrador. Halilhodžić considerou esta marcha como unha traizónStéphane Guérard, "Coach Vahid au ban du PSG". L'Humanité, 10 de febreiro de 2005.
Para compensar as baixas recrutou os defensas Sylvain Armand e Mario Yepes que non puideron facer esquecer os dous defensas arxentinos, ademais Jérôme Rothen sufriu numerosas lesións e case non puido contribuír ao equipo e para mais Hélder e Fabrice Pancrate tiveron unha tempada decepcionante. E así na primeira metade da tempada 2004-2005 o PSG mantivo unha serie de malos resultados; en decembro era o 12º da liga e na Copa de Europa quedou o último do seu grupo, o comezo do ano 2005 con só competicións nacionais das que se preocupar, o club procurou mellorar a súa situación na liga, pero os resultados non axudaron, e o 8 de febreiro logo dunha derrota na casa por 0 a 2 contra o Lens o club decidiu dar de baixa a Halilhodžić., substituíndoo polo adestrador do equipo de reservas, Laurent Fournier.
Trabzonspor e Al Ittihad miniatura|Vahid Halilhodžić durante a súa etapa como adestrador do Trabzonspor Entre outubro de 2005 a xuño de 2006, Halilhodžić adestrou o club turco do Trabzonspor que logrou situar na cuarta praza do campionato turco tras os grandes do Beşiktaş JK, Galatasaray e Fenerbahçe, clasificándoo para as competicións europeas. Non obstante decidiu tras unha tempada deixar o país e cinco meses despois estaba en Arabia Saudita á fronte do Al-Ittihad de Jeddah, mais a derrota na Copa Árabe e as dificultades de adaptación remataron coa súa aventura en terras sauditas.
Selección de Costa do Marfil miniatura|Vahid Halilhodžić co presidente marfilés Laurent Gbagbo en 2008 En maio de 2008, Vahid Halilhodžić converteuse en seleccionador do equipo nacional de Costa do Marfil ao substituír a Uli StielikeJoachim Tiégna "Les débuts éléphantesques d’Halilhodzic" Sport-ivoire.ci, 21 de xullo de 2008. Logrou a clasificación para a Copa de África de Nacións de 2010 en Angola, e mais tamén para o Mundial de 2010, grazas a cinco vitorias e un empate durante as eliminatorias. A selección non perdeu ningún dos 23 encontros que disputou durante dous anos, mais nos cuartos de final da CAN 2010 perdeu na prórroga 3 a 2 diante AlxeriaMaher Mezahi "World Cup 2014: No-nonsense Vahid Halilhodzic out to repay Algerian supporters for rare show of support". The Daily Telegraph, 25 de marzo de 2014. O mes seguinte, en febreiro de 2010, o presidente da Federación Marfilesa Jacques Anouma anunciou o despedimento do adestrador, respondendo Vahid que o botaran por motivos políticos"Vahid Halilhodzic is sacked as coach of Ivory Coast". BBC Sport, 28 de febreiro de 2010.
Dinamo Zagreb