Anoeschka von Meck, nada en Mariental en 1967, é unha escritora namibia en lingua afrikaans.

Traxectoria

Descendente de alemáns, viviu durante un tempo en Henties Bay. En 1983 mudouse aos Estados Unidos de América para rematar os estudos secundarios na Lynchburg Christian Academy en Lynchburg (Virxinia). Despois proseguiu os estudos no Saddleback College en Mission Viejo (California), e despois en San Francisco estudou bioloxía mariña e relixións comparadas. Mentres vivía nos Estados Unidos gañou o Golden Poet Award, concedido pola International Poetry Society.

Von Meck regresou a África e estudou arqueoloxía e relixión na Universidade de Cape Town, e Exiptoloxía na Universidade Stellenbosch. Traballou como matrona nunha casa infantil e como xornalista. Foi reporteira para o Die Republikein.

En 2994 publicou a súa primeira novela, Vaselinetjie, coa que gañou o premio Rapport/Jan Rabie a novas voces en afrikaans, o Premio MER para literatura nova, e o Premio M-Net a textos curtos en afrikaans. Se ben a novela acadou Premio MER, a intención da autora non era dirixir a obra ao público novo Vaselinetjie é a historia dunha nena abandonada atipada a carón das vías do tren na costa, e adoptada por unha parella de Kleurling ("xente de color"). A protagonista, Vaseline, recibe o seu nome pola súa pel brillante, debido a que os seus avós lle botaron vaselina na pel para evitar que ficase seca por mor do Sol. Vaselinetjie foi adaptada a teatro, estreada en Cape Town en 2010. En 2017 foi adaptada ao cinema.

Obra Annerkant die Longdrop, 1998 Vaselinetjie, 2004 Essie Honiball - Die Ontwaking, 2010

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Namibia Categoría:Escritores de Namibia Categoría:Escritores en lingua afrikaans Categoría:Alumnos da Universidade de Cidade do Cabo Categoría:Alumnos da Universidade de Stellenbosch Categoría:Personalidades sen imaxes