Hawa Jande Golakai, nada en Frankfurt (Alemaña) en 1979, é unha científica e escritora liberiana. Traxectoria Golakai pasou a súa infancia en Liberia. Deixou o país como refuxiada durante a primeira guerra civil liberiana. Foi vivir a Cidade do Cabo (Suráfrica) coa intención de estudar Medicina Graduouse en Ciencias pola Universidade de Cidade do Cabo en 2005, especializándose en bioloxía celular e molecular.. Fixo un mestrado na Universidade de Stellenbosch en 2008, e despois comezou a traballar nesa universidade no departamento de Ciencias Biomédicas. Traballa como inmunóloga clínica, e realizou estudos sobre a tuberculose e o VIH.

Escritora A súa primeira novela, The Lazarus Effect, foi finalista en 2011 do Premio de ficción Sunday Times e do Premio de debut da Universidade de Johannesburgo, e foi seleccionada para o Premio Wole Soyinka de Literatura en Africa. A súa segunda novela, The Score, foi publicada en 2015.

En 2016 publicou o texto "Fugee",, un relato autobiográfico sobre a crise do virus do ébola en Liberia, escolmado na antoloxía Safe House: Explorations in Creative Nonfiction, editado por Ellah Wakatama Allfrey e publicado por Cassava Republic Press co patrocinio de Commonwealth Writers. Foi xurado en varios certames, como o programa Writivism en 2015,, o Premio de Ficción Etisalat Flash en 2015 e o Premio de relato do día de África 2016.

Recoñecementos

En abril de 2014 foi seleccionada como unha das 39 escritoras e escritores da África subsahariana menores de 40 anos máis prometedoras, no proxecto Africa39, dentro do Hay Festival, e foi incluída na antoloxía Africa39: New Writing from Africa South of the Sahara, editada por Ellah Allfrey. "HJ Golakai One of Africa’s Top 39 Writers under 40" , Daily Observer (Liberia), 27 de abril de 2014.

Obra publicada The Lazarus Effect (Kwela Books, 2011) "Fugee", en Safe House: Explorations in Creative Nonfiction (Cassava Republic Press, 2016) "Candy Girl" en Valentine's Day Anthology 2015 (Ankara Press, 2015) The Score (Kwela Books, 2015)

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Escritores de Liberia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade de Cidade do Cabo Categoría:Alumnos da Universidade de Stellenbosch Categoría:Biólogos de Liberia Categoría:Personalidades sen imaxes