CTS, acrónimo de Communication Technology Satellite, coñecido tamén como Hermes, foi un satélite artificial da NASA e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 17 de xaneiro de 1976 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.
Características Hermes foi un satélite experimental lanzado para probar o novedoso concepto, pola época, dun satélite emitindo en alta potencia para recepción en terra por parte de antenas parabólicas relativamente pequenas, concepto coñecido como DBS (Direct Broadcast Satellite). A técnica permitiría a recepción de televisión por satélite nas partes do Canadá fora das zonas urbanas.
Necesítaronse novas aproximacións tecnolóxicas para a misión de Hermes:
Paneis solares grandes e flexibles, capaces de xerar ata 1200 W de potencia para alimentar o transmisor. Os paneis foron proporcionados pola ESA. Os anteriores satélites de comunicacións usaban células solares pegadas á súa superficie, limitando a cantidade de enerxía que podían xerar. Estabilización nos tres eixos para poder apuntar os paneis cara ao Sol e apuntar o feixe de transmisión con precisión cara a Terra. Os anteriores satélites estabilizábanse mediante xiro. O transmisor de alta potencia estaba equipado cun tubo de guía de ondas novo deseño que xeraba 200 W de potencia de transmisión e que foi proporcionado pola NASA. Utilizouse unha nova banda de transmisión a entre 12 e 14 GHz para non interferir cos sistemas de microondas terrestres, o que permitía usar receptores terrestres en contornas urbanas.
O satélite dispoñía de dous transpondedores en banda Ku proporcionados tamén pola ESA, sendo o primeiro satélite de comunicacións en operar nesta banda. As probas de transmisión fixéronse en varias quendas e en campos tan diversos como a teleeducación, a telemedicina, as teleconferencias, as comunicacións entre comunidades e a tranmisión directa ao fogar. Hermes tiña forma de cilindro de 1,17 m de altura e 1,8 m de diámetro, con dous planos superficiais paralelos separados 1,72 m cortando as superficies curvadas do cilindro, planos paralelos tamén ao eixo do cilindro. Os paneis solares sobresaían 6,5 m cada un, cun ancho de 1,3 m. Os experimentos con Hermes acabaron en novembro de 1979.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Satélites artificiais