O asasinato de Alexandre I de Serbia tivo lugar o no palacio real de Belgrado. No ataque foron asasinados tanto o rei serbio como a súa dona, a raíña Draga Mašin, e o acontecemento foi crucial na historia do país, xa que produciu unha mudanza de dinastía, de modelo político e de orientación en política internacional.
Alexandre ascendeu ao trono do seu país en 1889, o que non puxo fin aos continuos conflitos entre o seu pai, Milan I de Serbia, e a súa nai, Natalia Obrenović. A este período de disputas entre os seus pais seguiu a formación dun duunvirato de feito entre Alexandre e seu pai —logo da eliminación da rexencia—, ata a súa toma do poder persoal en 1894. En 1897 e tras a ruptura entre Alexandre e a súa nai, reforzouse a alianza entre pai e fillo e púxose fin aos intentos de concordia co Partido Radical Popular. O poder gobernamental quedou nas mans do soberano, cunha prensa censurada e unhas Cortes controladas pola policía do réxime real.
A comezos de 1900 Alexandre prometeu casar cunha princesa europea ese mesmo ano; a sucesión convertérase daquela nun problema gobernamental. Con Milan xestionando a súa voda alemá no estranxeiro, o primeiro ministro tamén fóra do país e a pesar da oposición de altos funcionarios e oficiais, Alexandre comunicou ao seu pai os seus plans de voda con Draga Mašin a comezos de xullo. Milan renunciou ao seu posto como comandante en xefe do Exército en protesta polos plans do seu fillo; os diversos rumores desfavorables á futura raíña —a quen se tachaba de filla dun demente e unha bébeda, de antiga amante de Milan e de estéril— fixeron o anuncio da inminente voda moi impopular. Logo da voda, a nova soberana comezou a interferir nos asuntos de Goberno e a amosar unha grande influencia no seu marido, que tratou de mellorar a imaxe popular da súa dona. O rei tentou achegarse aos Radicais, que contaban con firme apoio ruso, pero isto non serviu para acabar coa oposición; carente da habilidade de seu pai para xestionar a política interior, enfrontábase a unha crise política crecente. A nova aparecida na primavera de 1901 de que Draga simulara un embarazo —cuxo parto era inminente— avivou o rexeitamento popular cara á soberana. O fracaso de novos intentos de mellorar a reputación da raíña deron paso a outra onda de represión da oposición.
Incómodo como monarca constitucional, Alexandre tratou de interferir constantemente nos labores gobernamentais. Os Radicais, desexosos de acaparar o poder logo da súa gran vitoria electoral do verán de 1901, comezaron a afastarse do rei, ao que comezaron a culpar da grave crise económica do país. No outono forzaron a dimisión do Goberno de coalición cos Progresistas. Formouse un novo Goberno co xeneral Cincar-Marcović á fronte que incluía militares e Radicais favorables ao rei. O gabinete tivo que enfrontarse ao rexeitamento da oposición e a unha gran manifestación encabezada polos estudantes que o exixiu a implantación dunha Constitución democrática. Tras a dura represión da marcha, o rei concentrou en si mesmo o poder gobernamental. Alexandre carecía ademais de firme apoio das potencias rexionais —Austria-Hungría e Rusia—. Por outra banda, as relacións cos veciños Montenegro e con Bulgaria eran malas, debido á permanente disputa polo control de Macedonia.
O réxime do rei Alexandre era cada vez máis impopular en todas as clases sociais. En 1901 organizouse unha conspiración contra o soberano, fundamentalmente de membros do corpo de oficiais; a prensa da oposición atizaba o descontento dos militares. A principios de 1903 a situación era de gran tensión e o esmagamento das protestas de marzo e os plans do monarca de purgar o Exército de elementos desafectos aceleraron o plan para eliminalo.
Temendo un golpe de man do rei contra eles, os confabulados decidiron atacar o palacio real a noite do . Ás 2 da mañá, en calma total, o palacio foi rodeado de acordo co plan. Os atacantes venceron os gardas do interior do palacio e procederon a empregar artillaría e dinamita para asegurarse da morte dos monarcas, aos que non lograban atopar. Os oficiais atoparon finalmente a cámara secreta onde se escondían Alexandre e Draga, que a abandonaron tras serlles garantida a súa seguridade; inmediatamente, os conspiradores dispararon contra eles. Ademais dos monarcas, durante o golpe morreron o primeiro ministro, o ministro da Guerra e os irmáns da raíña. Inmediatamente nomeouse un novo Goberno provisional e Pedro Karađorđević foi chamado para ocupar o trono vacante.
O golpe de Estado e o asasinato dos soberanos non foi unha revolución, xa que non mudou o poder político nin a orde social, senón un cambio de dinastía —a Obrenović extinguiuse— e de goberno, así como de política internacional: o novo réxime achegouse a Rusia e creceu a hostilidade cara a Austria-Hungría, da que ata o momento Serbia dependera política e economicamente.
Antecedentes Primeiros anos de reinado Alexandre ascendeu ao trono de Serbia ao abdicar seu pai Milan en 1889. A abdicación, un triunfo do modelo de goberno parlamentario, non puxo fin aos continuos conflitos entre o exmonarca e a súa dona, Natalia Obrenović, nos que se viron envoltos decotío os políticos serbios. Durante esta primeira etapa de rexencia, os Radicais dominaron o Goberno grazas á súa vitoria electoral de 1889. A este período de disputas entre os seus pais seguiulle a formación dun duunvirato de feito entre Alexandre e seu pai —logo da eliminación da rexencia por ambos en abril de 1893—, ata a súa toma do poder persoal en 1894. En maio dese mesmo ano restaurou a Constitución de 1869, máis conservadora que a de 1888. Paulatinamente, e en especial pola decisión de Alexandre de permitir o regreso de seu pai a Serbia a comezos de 1895, ademais da abolición da Constitución de 1888 e a purga de funcionarios simpatizantes co partido, a relación entre o rei e os Radicais foi empeorando. En 1897 e logo da ruptura entre Alexandre e súa nai —máis favorable que Milan aos Radicais—, reforzouse a alianza entre pai e fillo e púxose fin aos intentos de concordia cos Radicais. O poder gobernamental quedou en mans do soberano, con Vladan Đorđević como primeiro ministro -que non puidera elixir os ministros do seu Goberno-, unha Administración purgada de Radicais, unha prensa censurada e unhas Cortes controladas pola policía do réxime real.
Crise polo matrimonio do rei miniatura|Alexandre I de Serbia e a súa dona, a raíña Draga Mašin. O casamento do novo monarca, solteiro, enfrontou de novo aos seus proxenitores: a súa nai prefería unha voda cunha princesa rusa ou montenegrina; o seu pai, con algunha princesa alemá. Tras varias xestións nas cortes europeas nos últimos anos do século, Alexandre prometeu a comezos de 1900 casar cunha princesa europea ese mesmo ano. A sucesión convertérase para entón nun problema gobernamental.
A candidata respaldada por Austria-Hungría e o Imperio alemán, a princesa Alexandra von Schaumburg-Lippe, proposta polos austrohúngaros en marzo de 1900, pareceu recibir a aprobación de Alexandre, que encargou en xuño ao seu pai realizar as xestións necesarias para organizar a voda. Esta debía cimentar a alianza serbo-austrohúngara e perpetuar o control político de Milan.
Alexandre, con todo, xa coñecera a Draga Mašin —doce anos maior que el—, filla do antigo alcalde de Šabac e viúva dun enxeñeiro checo. Acollida baixo a protección da raíña Natalia, converteuse na súa dama de compañía na súa vila de Biarritz, onde a raíña se instalou en 1890. Alexandre coñeceuna en 1894 e namorou dela nunha visita á súa nai en 1897. Atraído por ela, permitiu o regreso de Natalia a Serbia en 1895 e, aínda que as intromisións da súa nai fixeron que esta se volvese exiliar en xuño de 1897, Draga regresou en outono ao país, xa como amante do rei, coñecida como tal por toda a alta sociedade do país. Milan, a pesar do seu rexeitamento cara a Draga, tolerouna. Draga atraeu a Alexandre e logrou a súa promesa de matrimonio.
Con Milan xestionando a súa voda alemá no estranxeiro, o primeiro ministro tamén fóra do país e a pesar da oposición de altos funcionarios e oficiais, Alexandre comunicou ao seu pai os seus plans de voda con Draga a comezos de xullo. O día seguinte, , o Consello de Ministros en pleno, oposto ao casamento, presentou a súa dimisión ao rei, non sen tentar infrutuosamente enviar ao exilio a Draga. O soberano aceptou a renuncia dos seus ministros despois de que estes proclamasen a futura voda e forzou a súa aceptación polo bispo metropolitano da Igrexa ortodoxa serbia. Milan renunciou ao seu posto como comandante en xefe do Exército en protesta polos plans do seu fillo. Sen goberno polo rexeitamento dos posibles novos ministros a aceptar formar un, e con diversos rumores desfavorables á futura raíña —á que se tachaba de filla dun demente e bébeda, de antiga amante de Milan e de estéril—, o anuncio da inminente voda resultou moi impopular.
A pesar de lograr finalmente formar un novo gabinete, a oposición ao casamento seguía sendo intensa, especialmente entre os militares —ningún xeneral aceptou converterse en ministro de Defensa do novo Goberno— e a alta sociedade da capital. A pesar dos temores de Alexandre de que o seu pai regresase e tratase de impedir a voda co apoio dos militares, Milan finalmente abandonou a idea, falto de apoio austrohúngaro. O apoio ruso á voda —esaxerado polo embaixador en Belgrado—, con todo, favoreceu os plans do rei e a popularidade final da cerimonia, que se celebrou o con máis pompa da planeada inicialmente.
Logo da voda, a nova raíña comezou a interferir nos asuntos de Goberno e a amosar unha grande influencia no seu marido, que tratou de mellorar a imaxe popular da súa dona. Realizouse unha purga dos políticos e militares considerados desafectos e próximos a Milan, do que Alexandre temía que regresase con axuda austrohúngara. Os intentos de que a parella real fose recibida nalgunha corte europea para aumentar o prestixio da nova raíña fracasaron.
Crise dinástica Alexandre estaba convencido da hostilidade dos Radicais e da súa colusión co Imperio ruso. Este convencemento, compartido polo seu pai, fixo que este regresase en 1897, volvese residir no palacio real e se convertese en xefe do Exército. Logo do anuncio de voda no verán de 1900 mentres se encontraba en Austria, Milan, contrario ao casamento, decidiu permanecer no exilio en Viena.
A represión daqueles opostos ao seu matrimonio non acabou co rexeitamento a este, que continuou privadamente. O rei tratou de achegarse aos Radicais, que contaban co firme apoio ruso, pero isto non serviu para acabar coa oposición. O monarca, carente da habilidade de seu pai para xestionar a política interior, enfrontábase a unha crise política crecente. Os partidarios do seu pai foron apartados da Administración e do Exército. A inesperada morte de Milan por mor da gripe o eliminou, con todo, parte da aprehensión da raíña á súa intervención.
En marzo Alexandre aceptou relevar o goberno e encargar a formación dun novo a Radicais —divididos axiña entre partidarios do acordo co monarca e opostos a dito acordo— e Progresistas, que redactaron unha nova Constitución —promulgada o — que puxo fin ao goberno persoal do rei que comezara en 1894. A pesar do seu conservadorismo, a nova Constitución recortaba notablemente os poderes do soberano e transferíaos ás novas Cortes bicamerais. Alexandre continuaba podendo, con todo, controlar a composición do Consello de Ministros e limitar a influencia dos Radicais, de novo triunfadores nas eleccións de xullo de 1901.