A Rexión de Afar (en ; en ) é unha das nove rexións estatais (kililoch) de Etiopía, sendo o fogar do pobo afar. Outrora coñecida como "Rexión 2", a súa capital dende o ano 2007 é a recentemente contruída cidade de Semera.
O Triángulo Afar, a parte norte da depresión de Danakil, forma parte do Gran Val do Rift de Etiopía, e atópase no norte da rexión. Contén o punto máis baixo do país e un dos máis baixos de África. A parte sur da rexión contén o val do río Awash, que desemboca nunha cadea de lagos ó longo da fronteira de Etiopía con Djibuti. Outros lugares salientables da rexión son os parques nacionais de Awash e Yangudi.
Notas
Categoría:Rexións de Etiopía