Jaime Rodríguez García, nado na Coruña cara a 1898 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Presidente do Sindicato dos metalúrxicos da Coruña da CNT, representou o sindicato no Congreso da CNT celebrado en Madrid en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Aparece como un dos asinantes dun panfleto falso difundida polas autoridades desconvocando a folga xeral.El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 5. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Francisco Ballón Pequeño, Cipriano Alvite Alonso, Venancio Seoane García, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1898 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes