miniatura|O colecalciferol, un exemplo de 9,10-secosteroide. A IUPAC aprobou a numeración dos carbonos e dos aneis que se mostra na imaxe. Como os secosteroides derivan de esteroides, manteñen o mesmo sistema de numeración destes. miniatura|dereita|250px|O esqueleto parental dun esteroide. O anel B do esteroide parental rompe entre os C9 e C10 para dar lugar ás vitaminas D.
Un secosteroide é un tipo de esteroide cun anel "roto". A palabra secosteroide deriva do verbo latino secare, 'cortar', e de esteroide, polo que significa 'esteroide cortado' en referencia ao seu anel roto. Descríbense como unha subclase de esteroides; ; ou derivados de esteroides.
Os tipos ou subclases de secosteroides defínense polos átomos de carbono do esqueleto de esteroide parental no que tivo lugar a rotura do anel. Por exemplo, os 9,10-secosteroides derivados da clivaxe do enlace entre os átomos de carbono C9 e C10 do anel B do esteroide (de xeito similar os 5,6-secosteroides, 13,14-secosteroides, etc.).
Tipos O secosteroide prototípico é o colecalciferol (vitamina D3). Outros exemplos de secosteroides son:Secosteroids. Drugbank. Consultado o 20 de setembro de 2018 Alfacalcidol. Análogo da vitamina D usado como suplemento en humanos e como aditivo en alimentos para aves. Paricalcitol. Análogo sintético da vitamina D que se utiliza en medicina pola súa capacidade para diminuír os niveis de hormona paratiroidea. Ergocalciferol. 25-hidroxicolecalciferol (calcifediol). 1,25-dihidroxicolecalciferol ou calcitriol. Forma activa da vitamina D procedente da dobre hidroxilación do colecalciferol.
Algúns estróxenos non esteroides, como o ácido doisinólico e o ácido allenólico, son tamén secosteroides ou compostos similares a secosteroides.
Secosteroides de orixe mariña miniatura|240px|A polidactina A é un secosteroide que se illou do coral Sinularia polydactyla. Illáronse numerosos secosteroides procedentes de organismos de orixe mariña, algúns dos cales, como o sinuleptolide posúen interesantes propiedades que están en estudo para posibles aplicacións en medicina.Secosteroids and Norcembranoids from the Soft Coral Sinularia nanolobata. Mar. Drugs 2013, 11(9), 3288-3296; doi:10.3390/md11093288. Consultado o 20 de septembro de 2018.Secosteroids of marine origin. Autores: Sica D, Musumeci D . Steroids, volume 69, número 11-12, páxinas 743–756, ano 2004, doi: 10.1016/j.steroids.2004.09.001.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Secosteroides