Rubén Martínez Alonso, nado en Vigo en 1980, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, despois cursou o programa de doutoramento en Linguaxe, Ciencia e Antropoloxía na Universidade da Coruña. Iniciou a súa tese de doutoramento, Las sociedades recreativas en la Galicia urbana (1850-1936), ao tempo que foi docente na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Profesor de Secundaria e Bacharelato, na actualidade é comisario no MARCO de Vigo do ciclo METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega.

Como creador literario, publicou as súas primeiras composicións poéticas ao longo da primeira década do século XXI na revista Dorna. En 2011 publicou a súa primeira novela, 1980 (ano cero), na Editorial Toxosoutos.

En 2012, publicou a súa segunda novela, A saudade do caracol, tamén na editorial Toxosoutos. En 2013 publicou As escaleiras do Gran Hotel, gañadora da XIV Edición do Premio Vicente Risco de Creación Literaria convocado polo Concello de Ourense e editado por Sotelo Blanco Edicións na súa colección Medusa.

En 2019 regresou á narrativa de ficción coa novela Vila Suárez, un texto ambientado nas primeiras décadas do franquismo e ateigado dunha aristocracia somerxida nas cloacas da capital.

Obras Narrativa 1980 (ano cero) (2011). Noia: Toxosoutos. ISBN 9788492792887 A saudade do caracol (2012), Noia: Toxosoutos. ISBN 9788415400752 As escaleiras do Gran Hotel (2013) Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478246410 Texto gañador da XIV Edición do Premio Risco de Creación Literaria. Vila Suárez (2019). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-948966-7-5 Moscas (2024). Noia: Toxosoutos. 162 páxs. ISBN 978-84-128122-7-5.

Poesía

Camiño de ningures, 2017. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-946001-7-3 Ensaio «Imaginería lígnea de la iglesia parroquial de Ntra. Sra. del Carmen de Ferrol» en "Papeis Ártabros", 2006. Neste traballo cataloga as pezas máis importantes deste templo. El Casino de Vigo: crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936). 2013. Santiago de Compostela: Alvarellos Editora. ISBN 978-84-89323-77-3

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria