O fangEntrada fang en Digalego é unha lingua africana central falada por preto de 1 millón de persoas do pobo fang no Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial, San Tomé e Príncipe e a República do Congo. É a lingua bantú dominante de Gabón e Guinea Ecuatorial. Está relacionada coas linguas bulu e ewondo do sur do Cameroon. Baixo o goberno do presidente Macías Nguema, entre 1970 e 1979, o fang foi a lingua oficial de Guinea Ecuatorial.

Existen moitas variedades dialectais do fang en Gabón e o Camerún. Maho (2009) clasifica o fang do sur como unha lingua diferente. Os outros dialectos son o ntoumou, o okak, o mekê, o atsi (batsi), o nzaman (zaman), o mveni e o mvaïe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bantulanyi Datos en Ethnologue sobre a lingua fang

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas do Camerún Categoría:Linguas de Gabón Categoría:Linguas de Guinea Ecuatorial Categoría:Linguas da República do Congo Categoría:Linguas de San Tomé e Príncipe