Unha aurona é un composto químico heterocíclico que é un tipo especial de flavonoide. Hai dous isómeros destas moléculas, en configuración (E) ou en configuración (Z). A molécula contén un elemento benzofurano asociado cun bencilideno ligado na posición 2. Na aurona, un grupo similar ás chalconas está dentro dun anel de 5 membros en vez de dentro dun anel de 6 membros como é máis típico nos flavonoides.

Derivados das auronas

miniatura|Estrutura esquelética dunha (Z)-aurona co esquema de numeración usado para a nomenclatura de derivados A aurona constitúe o núcleo estrutural dunha familia de derivados que tamén se coñecen en conxunto como auronas. As auronas son flavonoides vexetais que funcionan como pigmentos que lle dan cor ás flores dalgunhas plantas ornamentais ben coñecidas, como as Antirrhinum e Cosmos. Encóntranse auronas, como a 4'-cloro-2-hidroxiaurona (C15H11O3Cl) e a 4'-cloroaurona (C15H9O2Cl), na alga parda Spatoglossum variabile.

A maioría das auronas están na configuración (Z), que é a máis estable segundo a computación por AM1, pero existen tamén algunhas na configuración (E), como a (E)-3'-O-β-d-glicopiranosil-4,5,6,4'-tetrahidroxi-7,2'-dimetoxiaurona, que se encontra na planta Gomphrena agrestis.

Biosíntese As auronas biosintetízanse empezando polo coumaril-CoA. A aureusidina sintase cataliza a creación de auronas a partir de chalconas por medio de hidroxilación e ciclación oxidativa.

Aplicacións Algúns derivados de auronas posúen propiedades antifúnxicas e a analoxía cos flavonoides suxire que as auronas poderían ter outras propiedades biolóxicas adicionais.

Exemplos de compostos relacionados Aureusidina Hispidol (6,4'-dihidroxiaurona) Leptosidina Sulfuretina (6,3',4'-trihidroxiaurona) 4,5,6-Trihidroxiaurona

Notas

Categoría:Flavonoides