Marta Harnecker, nada en Chile en 1937 e finada en Vancouver o 15 de xuño de 2019, foi unha pensadora marxista chilena.

Traxectoria Foi unha pensadora marxista da corrente de Louis Althusser de quen foi discípula.

Participou no Goberno de Unidade Popular de Salvador Allende e asesorou a Hugo Chávez.

Foi convidada da Semana Galega de Filosofía.

Obra Conceptos elementais do materialismo histórico, 1969. Vangarda e crise actual. Estratexia e Táctica. A esquerda no umbral do século XXI.

Vida persoal Durante os seus anos de estudante foi parella de Rodrigo Ambrosio, un dos fundadores do MAPU. Casou con Manuel Piñeiro, xefe dos órganos de seguridade de Cuba. Tiveron unha filla, Camila Piñeiro. Posteriormente casou co economista marxista Michael Lebowitz, residindo no Canadá. Harnecker dividiu o seu tempo entre este país, La Habana, onde vive a súa filla e Caracas, onde oficialmente seguía habitando e onde recibiu o Premio Libertador al Pensamiento Crítico, o 15 de agosto de 2014.Así se realizó la entrega del Premio Libertador al Pensamiento Crítico para Marta Harnecker; Alba ciudad 96.3 FM, 15 de agosto de 2014.

Notas

Categoría:Personalidades de Chile Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Finados en 2019