Marie Louise Hamilton Mack, nada en Hobart (Tasmania) o 10 de outubro de 1870 e finada en Mosmano 23 de novembro de 1935, foi unha xornalista e escritora australiana.
Traxectoria Foi filla de Hans Hamilton Mack, ministro wesleyano que foi trasladándose coa familia dun estado a outro por mor do seu traballo. Fixo os estudos secundarios no Sydney Girls High School, onde coñeceu Ethel Turner.
En 1896 publicou a súa primeira novela, e entre 1898 e 1901 escribió "A Woman's Letter" en The Bulletin. En 1901 publicou a súa única colección de poesía. Viaxou por Inglaterra e Europa. O estoupido da primeira guerra mundial coincidiulle en Bélxica. Traballou como correspondente de guerra para as publicacións londinienses Evening News e Daily Mail. Foi testemuña da invasión alemá de Anveres, e en 1915 publicou A Woman's Experiences in the Great War. En 1916 regresou a Australia, onde deu unha serie de conferencias sobre as súas experiencias de guerra. Escribió con frecuencia para The Sydney Morning Herald, o Bulletin e outros periódicos e revistas.
Vida persoal
O 8 de xaneiro de 1896 casou coa avogado dublinense John Percy Creed, finado en 1914. O 1 de setembro de 1924 casou con Allen Illingworth Leyland, finado en 1932.
Obra Novelas The World is Round (1896) Teens: A Story of Australian School Girls (1897) Girls Together (1898) An Australian Girl in London (1902) Children of the Sun (1904) The Red Rose of a Summer (1909) Theodora's Husband (1909) In a White Palace (1910) The Romance of a Woman of Thirty (1911) Wife to Peter (1911) Attraction (1913) The Marriage of Edward (1913) The House of Daffodils (1914) The Music Makers: the love story of a woman composer (1914) Teens Triumphant (1933) Maiden's Prayer (1934)
Colección de poesía Dreams in Flower (1901)
Poemas "Manly Lagoon" (1893) "Of a Wild White Bird" (1895) "An Easter Song" (1897) "Before Exile" (1901) "To Sydney" (1901)
Autobiografía A Woman's Experiences in the Great War (1915)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Diccionario de Biografías de Australia
Categoría:Escritores de Australia Categoría:Xornalistas de Australia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Tasmania Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Correspondentes de guerra