O Campionato Mundial de Motocrós é a máxima competición mundial de carreiras de motocrós. Celébrase dende 1957 e está organizado pola Federación Internacional de Motociclismo (FIM). Actualmente está dividida en dúas categorías: MXGP (antes chamada MX1) e MX2.

Conta con 18 probas, comezando habitualmente en marzo e rematando en setembro.

Historia O Campionato Mundial de Motocrós foi inaugurado en 1957 utilizando motos de 500 cc de cilindrada. En 1962 engadiuse unha categoría de 250 cc e en 1975, unha de 125 cc. Antes de 1957, o campionato era coñecido como Campionato Europeo.

En 2002, a FIM mudou as cilindradas para reflectir os avances tecnolóxicos do momento e como movemento cara aos motores de catro tempos, máis sostibles con respecto ao medio ambiente. A nova categoría MX1 converteuse na categoría raíña, permitindo motores de dous tempos de até 250cc e motores de catro tempos de até 450 cc. A categoría MX2 permite motores de dous tempos de até 125 cc e motores de catro tempos de até 250 cc. A categoría MX3 permitía motores de dous tempos de até 500cc e motores de catro tempos de até 650 cc. Con todo, a partir da tempada 2014 a categoría MX3 foi eliminada e a MX1 foi renomeada como MXGP.

A duración de cada carreira é de 30 minutos máis 2 voltas, con dúas carreiras por cada rolda.

Campións mundiais por ano Nota: o fondo rosa indica Campionato europeo só.