Finschhafen, tamén coñecida como Finschafen e Finschaven, é unha cidade e capital de distrito, situada no arrecife coralino da costa nordeste de Papúa-Nova Guinea, a 80 km ao leste de Lae, a capital da provincia de Morobe.

O distrito de Finschhafen está composto por cinco áreas de "goberno local" (áreas de goberno de nivel local), que se diferencian en rurais e urbanas.National Statistical Office of Papua New Guinea O distrito cobre aproximadamente 2 771 km², e en 2003 tiña unha poboación de 45 287 habitantes.Situational Analysis for Strategic Planning at District Level, Morobe Province National AIDS Council Papua New Guinea, 2005, ISBN 9980-86-010-3, p. 153. A poboación da cidade nese ano era de 1 240 habitantes.

Historia A rexión onde se asenta foi cartografada polo navegante británico John Moresby entre 1873-1874.

O porto natural foi descuberto en 1884 polo científico e explorador alemán Otto Finsch, ao que e cidade debe o seu nome..

A cidade fundouse en 1885 como parte da colonia da Nova Guinea alemá e, a finais dese ano, no porto estableceuse un asentamento da Compañía de Nova Guinea (Neuguinea-Kompagnie). Dese 1886 a 1891, Finschhafen foi a capital da Compañía. En 1891, o asentamento foi abandonado debido a que unha epidemia de malaria provocou que a cidade fose abandonada polos donos das plantacións alemás e os funcionarios do goberno; a epidemia causou a morte do director xeral da Compañía. Só dez anos despois, en 1901, restableceuse.Deutsches Kolonial-Lexikon (1920), Volume I, p. 626 .

En xullo de 1886, tres misioneiros neoluteráns asentáronse na zona, creando unha misión, en Simbang, preto de Finschhafen. Desde a época colonial alemá en Nova Guinea, aínda existe a Sociedade Misioneira da Igrexa Luterana Evanxélica de Papúa-Nova Guinea. En Butaweng, Finschhafen, o "Brown Memorial Hospital", dirixido pola Igrexa Evanxélica Luterana de Papúa-Nova Guinea, está operando desde 1974.

De 1908 a 1910, o médico de Berlín Neuhauss Richard realizou investigacións no golfo de Huon e realizou 139 gravacións musicais en fonógrafos, a maioría entre os pobos da zona en torno a Finschhafen. As gravacións sobreviventes documentan unha parte da música de Nova Guinea que case non foi influída pola misión cristiá.Dieter Christensen (1957): Die Musik der Kate und Sialum. Beiträge zur Musik Neuguineas. Freie Universität Berlin.

Finschhafen foi ocupada polo Exército Imperial Xaponés o 10 de marzo de 1942 durante a segunda guerra mundial. Forzas australianas recapturaron a cidade durante a campaña da península de Huon o 2 de outubro de 1943, durante a batalla de Finschhafen.

Durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén se coñeceu como Fitch Haven por algúns homes da Mariña estadounidense.

O 2 de febreiro de 2012, o barco de pasaxeiros MV Rabaul Queen, que levaba 350 ou máis pasaxeiros a bordo, afundiu a nove millas da cidade, morrendo seis persoas, resultando feridas sete, e deixando máis de 300 desaparecidos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Otto Finsch

Ligazóns externas Finschhafen (Finschafen, Finschaven) Morobe Province Papua New Guinea en Pacific Wrecks. Finschhafen na Enciclopedia Británica.

Categoría:Nova Guinea Categoría:Portos