, tamén coñecida polo pseudónimo «Rokudenashiko»,Alexandra M. Kokoli (2016). The Feminist Uncanny in Theory and Art Practice, Bloomsbury Academic, páx. 199 é unha escultora e artista xaponesa, que se fixo famosa polos seus traballos sobre a vulva. Igarashi considera que a súa misión é desmitificar os xenitaris femininos no Xapón, país onde, segundo ela, os órganos sexuais femininos están "demasiado ocultos" en comparación coas imaxes fálicas masculinas.

Obras Igarashi deseñou moitas obras cuxa temática se basea na vulva, incluíndo unha araña, un coche de control remoto, colares e cubertas de iPhone. Os pequenos dioramas son parte da serie chamada "Decoman" (un xogo de palabras a partir do termo manko, palabra xaponesa para referirse á "vulva"). Buscando facer algo máis grande, Igarashi considerou facer unha porta, e un coche, antes de centrarse no deseño dun caiac, inspirado pola conexión entre a sexualidade feminina e o mar. Ao final, acabou construíndo un caiac baseado nunha reprodución 3D da súa propia vulva. Igarashi logrou financiar este proxecto a través dunha campaña de mecenado participativo, enviando os datos 3D do caiac a todos os doantes que contribuíron cunha cifra superior aos 3.000 iens A través dos datos 3D, os doantes poderían obter esta representación da súa vulva. Posteriormente, este caiac sería exposto nunha galería de arte de Tokio.Larissa Hjorth, Olivia Khoo (2016). Routledge Handbook of New Media in Asia, Routledge, páx. 123

Problemas legais En xullo de 2014, Igarashi foi arrestada por unha suposta violación das leis xaponesas sobre obscenidade, ao enviar por correo electrónico os datos do escáner 3D da súa vulva a aquelas persoas que apoiasen a campaña de mecenado participativo para a construción do caiac. Máis de 21.000 persoas asinaron unha petición en liña na que instaban o goberno para que Igarashi fose posta en liberdade. Finalmente, unha semana despois foi liberada tras recorrer exitosamente a súa detención.

O 3 de decembro de 2014, Igarashi foi arrestada baixo a acusación de exhibir un obxecto obsceno, xunto con Minori Watanabe —unha escritora, activista do movemento feminista e dona dunha sex shop—. Watanabe tamén foi arrestada, aínda que posteriormente sería posta en liberdade. Igarashi foi acusada de "exhibicionismo obsceno", "rexistros electromagnéticos obscenos", así como posterior distribución destes, aínda que sería posta en liberdade unhas semanas despois, o 26 de decembro. O seu xuízo comezou en abril de 2015, e 8 de maio de 2016 a xustiza nipoa ditou sentenza: nas acusacións relativas ao caiac non foi atopada culpábel, caso distinto no relativo ás impresións 3D da súa vulva, polas que foi condenada a unha multa de 400000 iens —a metade do que pedía a acusación—.

Recoñecemento O seu traballo foi recoñecido no documental #Female Pleasure da directora Barbara Miller.

Vida persoal En outubro de 2016 Igarashi contraeu matrimonio con Mike Scott, o líder do grupo musical The Waterboys.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lupita Hard

Categoría:Debuxantes de manga Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no Xapón