John Latham, nado o 27 de xuño de 1740 en Eltham, Gran Londres, e finado o 4 de febreiro de 1837 en Winchester, Hampshire, foi un médico, un naturalista especializado en ornitoloxía e un escritor inglés.

Traxectoria John Latham naceu o 27 de xuño de 1740 en Eltham, no sueste de Londres. Era o fillo máis vello de John Latham, un ciruxián alí establecido,Watkins, Morgan George (1892): "Latham, John (1740–1837)". En Lee, Sidney (ed.) Dictionary of National Biography. 32. Londres: Smith, Elder & Co. e da súa esposa, unha descendente dos Sothebys, en Yorkshire.

Foi educado na Merchant Taylors' School, e estudou anatomía baixo a dirección de William Hunter. Practicou a medicina durante moitos anos en Dartford. Pronto adquiriu unha considerábel fortuna e, retirándose da práctica en 1796, estableceuse en Romsey, Hampshire. Recibiu o título de doutor (M.D.) en Erlangen en 1795.

Obras

As súas principais obras foron A General Synopsis of Birds e A General History of Birds. Examinou espécimes de aves australianas que chegaron a Inglaterra nos últimos vinte anos do século XVIII, e foi o responsábel de nomear moitas delas. Entre outras, o emú (Dromaius novaehollandiae, a Cacatua galerita, a aguia audaz (Aquila audax), a ave lira soberbia (Menura novaehollandiae) e a pega australiana (Gymnorhina tibicen). Tamén foi o primeiro en describir o guacamayo xacinto (Anodorhynchus hyacinthinus). Por todo iso, Latham foi chamado o "avó" da ornitoloxía australiana.

Abreviatura A abreviatura Latham emprégase pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Médicos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1740 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1837