A dos diduncululinos (Didunculinae) é unha subfamilia de aves columbiformes da familia dos colúmbidos.

Taxonomía Descrición Subfamilia A subfamilia foi descrita en 1848 polo naturalista inglés John Edward Gray.Didunculinae Gray 1848 en Fossilworks.

Xénero En canto ao xénero, foi descrito no mesmo ano polo naturalista, explorador e artista estadounidense Titian Peale.Didunculus Peale 1848 en Fossilworks.

Etimoloxías Subfamilia O nome científico da subfamilia, Didunculinae, está formado pola raíz do seu xénero tipo (e único), Didunculus, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.

Xénero Didunculus é un diminutivo do xénero Didus Linnaeus, 1766, o dodo (hoxe Raphus). "O noso Didunculus, ou pequeno dodo", escribiu Peale en 1848.James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.Rauzon, Mark J. (2007): "Island restoration: Exploring the past, anticipating the future" (PDF). Marine Ornithology 35 (2): 97–107.

Clasificación O dos didunculinos é un taxon monotípico, xa que só comprende un único xénero, Didunculus,Didunculinae no ITIS. cunha soa especie actualmente vivente,Didunculus Peale, 1848 no ITIS. e outra fósil:† Didunculus placopedetes Steadman 2006 en Fossilworks.

Didunculus strigirostris Peale, 1848 † Didunculus placopedetes Steadman, 2006

Notas

Véxase tamén Bibliografía Hume, J. P. & Walters, M. (2012): Extinct Birds. Londres, Reino Unido: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-5725-1. Newton, Alfred (1893–1896): A Dictionary of Birds. Londres, Reino Unido: Adam & Charles Black. Tyrberg, T. (2009): "Holocene avian extinctions". En Turvey, S. T., (ed.) Holocene extinctions. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-953509-5.

Outros artigos Colúmbidos Didunculus strigirostris

Ligazóns externas Didunculus na EOL.

Categoría:Colúmbidos