David W. Panuelo, nado en 1964, é un político micronesio que exerce como o noveno Presidente dos Estados Federados de Micronesia dende o 11 de maio de 2019.
Traxectoria Asistiu á Universidade Internacional dos Estados Unidos en Hawai dende 1973 até 1976 e logo á Universidade Graceland en Iowa de 1976 a 1979.
Nas eleccións de 2019 foi elixido senador xeral polo Estado de Pohnpei, un dos catro senadores xerais entre os que logo o Congreso de Micronesia debe elixir presidente e vicepresidente. Nesas eleccións superou ao anterior presidente, Peter M. Christian, por 59 votos. O 11 de maio o Congreso elixiuno Presidente dos Estados Federados de Micronesia.
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Presidentes dos Estados Federados de Micronesia Categoría:Políticos de Micronesia