Ateneo Libertario Xosé Tarrío é unha asociación galega libertaria da Coruña que nace co obxectivo de potenciar a autoxestión, o apoio mutuo e a horizontalidade.
Historia
Xorde co obxectivo de erixirse en ferramenta do movemento contestatario e rebelde da cidade, organiza actividades culturais e de autoxestión durante todo o ano. Abre o seu local na rúa da Paz nº 16, onde é obxecto de pintadas fascistas, e logo trasládanse á rúa Gil Vicente nº 17. Colaboran anualmente coas Marchas á Prisión de Teixeiro, dentro da acción mundial de marchas abolicionistas. Tamén organizan actividades libertarias de solidariedade, presentación de libros, proxeccións e xornadas anarquistas na Coruña e Santiago de Compostela. En 2016 colaboraron nas Xornadas Antirrepresivas Galegas cos Comités de Solidariedade coas Represaliadas Políticas (CSRP) Compostela, Comités por un SRI Galiza, Plataforma Contra a Represión da Corunha e Vigo Contra a Represión.
Pastora Dominga González Viéitez, nai de Xosé Tarrío, participou activamente nas actividades do ateneo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nais contra a impunidade Pastora Dominga González Viéitez Xosé Tarrío
Categoría:Anarquismo en España Categoría:Asociacións de dereitos humanos Categoría:Activismo social Categoría:Organizacións de Galicia Categoría:Cultura na Coruña