Teodoro II Láscaris, finado en agosto de 1258, foi emperador bizantino no exilio en Nicea, de 1254 a 1258.

Traxectoria As súas principais accións foron dúas brillantes campañas coas que recuperou Tracia ocupada polos búlgaros (1255-1256). A súa mala saúde e a súa morte temperá impediron que levase a cabo unha máis completa tarefa de goberno, para a que aparentemente estaba moi dotado. Sucedeuno no no trono o seu fillo Xoán IV Láscaris.

Categoría:Emperadores de Nicea Categoría:Dinastía Láscaris Categoría:Bizancio Categoría:Finados en 1258