María Asunción Jacoba Pía da Concha García-Mauriño, nada en Xixón o 25 de xullo de 1954, máis coñecida como Mae de la Concha, é unha empresaria libreira e política menorquina de orixe asturiana, deputada polas Illas Baleares no Congreso dos Deputados nas XI e XII lexislaturas. Dende outubro de 2017 é tamén a Secretaria Xeral de Podemos Illas Baleares.

Traxectoria En 1970 emigrou a Francia, onde traballou de aia e de auxiliar de hospital. Anos despois estabeleceuse en Madrid, onde traballou como secretaria en Yves Rocher e como administrativa no despacho de avogados da rúa de Atocha, 55.

Despois viviu en León, Barcelona e Santander, ata que o verán de 1980 estableceuse en Ciutadella de Menorca. Comezou traballando como secretaria de xulgado ata que en 1990 fundou a libraría La Torre de Papel. Como parte de Podemos, en febreiro de 2015 foi elixida secretaria xeral en Menorca. Foi elixida deputada nas eleccións de 2015 e 2016.

Na conformación das listas electorais de Podemos Illas Baleares para o Parlamento das Illas Baleares nas Eleccións municipais en España de 2019, foi elixida cabeza de lista do partido, obtendo un escano; tralas negociacións co PSOE balear, María Asunción, trala investidura de Francina Armengol como Presidenta do Goberno Balear, converteuse na Conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En xuño de 2023, converteuse en presidenta das Illas Baleares en funcións, por mor da dimisión de Francina Armengol, trala derrota nas eleccións autonómicas de 2023.

Notas

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1954 Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Conselleiros do goberno das comunidades autónomas de España Categoría:Políticos das Illas Baleares