Manuel Losa Rocha, nado en Santiago de Compostela en xullo de 1940, é un escritor galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Losa Bondad e Carmen Rocha Arenas. Emigrou coa familia a Montevideo en 1953. Libreiro e editor, é socio fundador do Patronato da Cultura Galega e foi integrante do consello directivo do Centro Gallego de Montevideo e do consello directivo da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai. miniatura|Imaxe que ilustra a portada de A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal, 1897-1985 (2010). Obras Relato dun emigrante... de Santiago de Compostela a Montevideo O vendedor de libros Don Xesús Canabal Fuentes. Fillo predilecto de O Pino (2007) Catro historias de emigrantes Isidoro Manuel García García, Eduardo Martínez Filgueira (o Cañotas), Xosé Lage Sierra (Pepe Montoya), Antón Crestar Faraldo (2009). Foi traducida ao castelán. A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal, 1897-1985 (2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Editorial Galaxia

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1940