Madeleine Jana Korbel Albright, nada como Marie Jana Korbelová en Praga o 15 de maio de 1937 e finada en Washington o 23 de marzo de 2022 foi unha política e diplomática estadounidense. Foi a primeira muller secretaria de estado da historia do país, servindo entre 1997 e 2001 baixo a presidencia de Bill Clinton.
Albright emigrou xunto coa súa familia aos Estados Unidos en 1948 dende Checoslovaquia. O seu pai, o diplomático Josef Korbel, estableceu a familia en Denver, e converteuse en cidadán estadounidense en 1957. Albright graduouse no Wellesley College en 1959 e logrou o seu doutoramento na Universidade de Columbia en 1975, escribindo a súa tese sobre a primavera de Praga. Traballou como axudante do senador Edmund Muskie antes de obter un posto con Zbigniew Brzezinski no Consello de Seguridade Nacional. Serviu no posto ata o final da presidencia de Jimmy Carter en 1981.
Tras deixar o Consello de Seguridade Nacional, Albright uniuse ao claustro de profesores da Universidade de Georgetown e foi conselleira dos candidatos do Partido Demócrata en política exterior. Trala vitoria de Clinton en 1992 axudou a crear o Consello de Seguridade Nacional. En 1993, Clinton nomeouna embaixadora ante as Nacións Unidas, e mantívose no cargo ata 1997, cando sucedeu a Warren Christopher como Secretaria de Estado, continuando ata que Clinton deixou o cargo en 2001.
Albright serviu como xefa do Albright Stonebridge Group dende 2009, e é profesora de Diplomacia na Universidade de Georgetown. En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade do presidente Barack Obama. Albright tamén foi directora da xunta do Consello de Relacións Exteriores.
Vida persoal Albright casou con Joseph Medill Patterson Albright en 1959.Albright, 2003, p. 47. A parella tivo tres fillos antes de divorciarse en 1982.
Albright foi criada como católica, pero converteuse ao episcopalianismo no tempo do seu matrimonio en 1959. Os seus pais convertéranse ao catolicismo en 1941, durante os primeiros anos de Albright. Cando The Washington Post informou sobre a súa herdanza xudía pouco despois de converterse en secretaria de estado en 1997, Albright considerou a información unha "gran sorpresa". Albright afirmou que non descurbriu ata que tiña 59 anos que os seus pais eran orixinalmente xudeus e unha ducia dos seus familiares xudeus en Checoslovaquia, incluíndo tres dos seus avós, morreran no Holocausto.
Albright mencionou a súa capacidade física e réxime de exercicios en varias entrevistas. En 2006, afirmou que era capaz de facer leg press con 400 libras.
Albright foi listada como unha das cincuenta mulleres de máis de cincuenta anos mellor vestidas por The Guardian en marzo de 2013.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Blood, Thomas, Madam Secretary: A biography of Madeleine Albright (1997) Ligazóns externas Membership at the Council on Foreign Relations 2007 commencement speech, Wellesley College HarperCollins profile (her publisher) Audio recording of Albright's talk, "The Mighty and the Almighty," as part of the University of Chicago World Beyond the Headlines series. Madeleine Albright Video produced by Makers: Women Who Make America
Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Membros do Gabinete Executivo dos Estados Unidos de América Categoría:Embaixadores dos Estados Unidos de América nas Nacións Unidas Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeocheca