Preoccupations é unha banda canadense de post-punk procedente de Calgary, Alberta, e formada no ano 2012 co nome de Viet Cong. O grupo está composto por Matt Flegel (voces, baixo), Scott Munro (guitarra, sintetizadores), Daniel Christiansen (guitarra) e Mike Wallace (batería). O estilo musical da banda foi descrito como "post-punk labiríntico".

Ata a data a banda leva publicados catro álbums de estudio: Viet Cong (2015), Preoccupations (2016), New Material (2018) e Arrangements (2022)

Historia

Formación e primeiro álbum No ano 2010 a banda Women entrou nun hiato indefinido tras unha pelexa no escenario. O guitarrista do grupo, Christopher Reimer, morreu en 2012. Tras a morte de Reimer e a disolución de Women o seu exbaixista Matt Flegel decidiu formar un novo grupo co guitarrista Scott Munro (anteriormente en Lab Coast); os dous xiraran recentemente como músicos ao vivo con Chad VanGaalen. Recrutaron ao exbatería de Women Mike Wallace e ao guitarrista Daniel Christiansen (que tocara nunha banda de versións de Black Sabbath xunto con Flegel e Wallace).

O EP de estrea da banda, un casete autoeditado, foi publicado no ano 2013.

A banda actuou no festival SXSW no ano 2014, e despois asinou co selo canadense Flemish Eye. O primeiro casete da banda foi reeditado en vinilo por Mexican Summer o 8 de xullo de 2014.

A banda editou o seu álbum de estrea, Viet Cong, o 20 de xaneiro de 2015 a través dos selos Jagjaguwar e Flemish Eye. O grupo anunciou plans para unha xira por Norteamérica e Europa para promover o álbum.

Cambio de nome e Preoccupations miniatura|249x249px|Actuando en París en 2015 A banda frecuentemente enfrontouse á controversia debido ao seu nome orixinal, con acusacións tanto de racismo como de apropiación cultural debido á asociación do nome co Viet Cong vietnamita orixinal. En marzo de 2015 tiña que actuar no Oberlin College, pero o concerto foi cancelado debido ao seu "nome ofensivo".

En setembro de 2015 o grupo anunciou que cambiaría o seu nome, publicando na súa páxina de Facebook, "Somos unha banda que quere facer música e tocala para os nosos seguidores. Non estamos aquí para causar dor ou recordarlle á xente atrocidades do pasado". O 29 de marzo de 2016 a revista musical canadense Exclaim! informou que a banda aínda estaba tocando co nome de Viet Cong, e colocou un contador a tempo real na súa páxina que marcaba os "días dende que Viet Cong prometera cambiar o seu nome".

O 21 de abril de 2016 Flegel anunciou nunha entrevista para Pitchfork que a banda pasaría a actuar e gravar baixo o nome "Preoccupations". O seu segundo álbum de estudio, Preoccupations, foi editado xa baixo o seu novo nome o 16 de setembro de 2016.

New Material O 16 de xaneiro de 2018 a banda estreou un novo sinxelo, "Espionage". O seu terceiro álbum de estudio, New Material, foi publicado o día 23 de marzo dese mesmo ano. No mes de setembro Preoccupations anunciou unha xira cos estadounidenses Protomartyr nos meses de novembro e decembro.

A principios do ano 2019 o grupo iniciou unha xira por Europa que os trouxo a Vigo o día 27 de xaneiro, onde tocaron no Radar Estudios coa banda local Kings of the Beach.

O 5 de outubro de 2020 a banda anunciou en Twitter que estaba traballando nun novo álbum. Este cuarto traballo, titulado Arrangements, foi publicado o día 9 de setembro de 2022 a través do selo Flemish Eye Records. O 11 de febreiro de 2025 Preoccupations anunciou o seu quinto álbum de estudio, Ill At Ease, que será editado o 9 de maio dese ano pola discográfica Born Losers Records. O anuncio tamén coincidiu co lanzamento do seu primeiro sinxelo e coa presentación das datas da súa xira no verán de 2025 polo Canadá e os Estados Unidos.

Membros

miniatura|251x251px|Matt Flegel coa banda en 2014Matt Flegel - baixo e voces

Mike Wallace – drums

Scott "Monty" Munro – guitar, synth

Daniel Christiansen – guitar

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloNotasViet Cong2015Flemish Eye/Jagjaguwarcomo Viet CongPreoccupations2016Flemish Eye/JagjaguwarNew Material2018Flemish Eye/JagjaguwarArrangements2022Flemish Eye/JagjaguwarIll at Ease2025Born Losers

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais do Canadá Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de música industrial Categoría:Grupos musicais formados en 2012