Gumersindo Seijido López, coñecido como Sindo Seixido, nado en Limodre (Fene) en 1922 e finado en 2018,Sindo Seixido, enlace de la guerrilla antifranquista, en la memoria y en el corazón foi un guerrilleiro antifranquista e escritor galego.
Traxectoria Aos 26 anos entrou en Astano como oficial torneiro e despois foi xefe de taller. Converteuse en enlace da guerrilla de Juan Pérez Dopico (Xan de Xenaro). Tamén tivo contacto con Foucellas e José Gómez Gayoso. Logo da caída de Xan de Xenaro en 1949 fuxiu á Coruña. Pasou por Madrid, Valencia, Barcelona, Xirona, Port Bou, onde cunha piragua pasou a Francia. Foi detido pola policía francesa e encarcerado. Conseguiu un pasaporte cubano e embarcou no Havre para a Habana. Logo da Revolución foi director de Mantemento no Ministerio de Industria.
Obras A gloria é un afiador, 1992.
Huellas de amor en la memoria, 2009.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Sindo" por Siro. La Voz de Galicia (Ferrol), 10-8-2014, p. 12.
Ligazóns externas ¿Qué une a Foucellas, El Che, Xosé Neira Vilas y Lee Harvey Oswald? Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Fene
Categoría:Nados en 1922
Categoría:Finados en 2018