José Sarrión Andaluz, nado en Cartaxena en 1982 é un político español, procurador de Izquierda Unida nas Cortes de Castela e LeónFicha de José Sarrión Andaluz nas Cortes de Castela e León..

Traxectoria Doutor en Filosofía, é profesor de antropoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca.José Sarrión gana a José María González y será candidato a la Junta de Castilla y León RTVCyL, 16 de febreiro de 2015

Militante de base do PCE e IU en Salamanca desde finais dos anos noventa, en 2015 José Sarrión gañou as primarias abertas de IU para a elección de candidato á presidencia da Xunta de Castela e León, logrando nas eleccións autonómicas de maio de 2015 a acta de procurador nas Cortes autonómicas."Un joven militante de base será el candidato de IU a la Presidencia de la Junta de Castilla y León", eldiario.es', 15 de febreiro de 2015. Dende setembro de 2016 é o coordinador de IU en Castela e León."El salmantino José Sarrión, nuevo coordinador de IU en Castilla y León", SalamancaRTVAlDía, 30 de setembro de 2016.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Políticos de IU Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Nados en 1982 Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León