O dos rafinos (Raphinae) é un clado —considerado xeralmente como unha subfamilia dos colúmbidos— de aves non voadoras extintas, chamadas antigamente didinos (Didini),Este nome provén dun nome científico hoxe obsoleto do dodo, Didus. que habitaron nas illas Mascareñas de Mauricio e Rodrigues.

O clado contén os xéneros monotípicos Pezophaps e Raphus. O primeiro inclúe a especie Pezophaps solitaria (o solitario de Rodrigues), e o segundo a Raphus cucullatus (o dodo). Estas dúas aves alcanzaron un gran tamaño como resultado do illamiento en illas que estaban libres de depredadores, seguindo a regra de Foster.

Historia do grupo Historicamente, moitos grupos diferentes foron nomeados tanto para o dodo como para o solitario de Rodrigues, aínda que non todos agrupaban a ambas as especies. Máis recentemente considérase que ambas as aves deben seren clasificadas nos colúmbidos, con frecuencia baixo a subfamilia dos rafinos (Raphinae). Análises realizados con ADN extraído do dodo e o solitario de Rodrigues, xunto ao de 37 especies de pombas, encontraron que os rafinos deben inclírse dentro dos colúmbidos.

Sorprendentemente, os rafinos non son os colúmbidos máis primitivos; en realidade agrúpanse canda a pomba de Nicobar como o seu parente vivo máis achegado, sendo outros parentes próximos as guras e a pomba naumeana. Un terceiro rafino antes considerado, o ibis sagrado da Reunión (Raphus solitarius), é recoñecido hoxe como un ibis do xénero Threskiornis.

Unha data común para a extinción do dodo é 1662, aínda que hai posíbeis avistamentos tan tardíos como en 1688. Pero o último avistamento cunha descrición foi en 1662, porén, unha análise estatística realizada por Roberts e Solow encontrou que a extinción do dodo debeu de producirse en 1693.

O solitario de Rodrigues desapareceu máis tarde que o dodo. A UICN dá como data da súa extinción o ano de 1778, aínda que é máis probábel que a dataa estea entre as décadas de 1750 a 1760.

Ambas as aves finalmente extinguíronse a raíz da caza e a introdución de especies de mamíferos non nativos tras a colonización do home no século XVII.

Taxonomía Descrición O clado foi descrito en 1930 polo ornitólogo e paleontólogo estadounidense Alexander Wetmore, como familia (Raphidae, sinónimo de Columbidae).Family Columbidae Illiger 1811 en Fossilworks.

Etimoloxía O nome científico Raphinae está formado pola raíz do seu xénero tipo, Raphus, e o siufixo do latín científico -inae, usado para formar os nomes das subfamilias de animais.

Historia da clasificación miniatura|esquerda|265px|Cranios do dodo e do solitario de Rodrigues, postos ao mesmo tamaño para facilitar a comparación. Historicamente, o dodo foi asigando ao xénero Didus, hoxe un sinónimo menor de Raphus. En 1848 incluíuse unha nova especie dentro deste xénero obsoleto, Didus nazarenus por Hugh Edwin Strickland e Alexander Gordon Melville. Para incluír futuras novas especies, así como ás especies coñecidas na súa época, Strickland e Melville crearon á subfamilia Didinae. En 1893 tres especies foron asignadas ao grupo, Pezophaps solitarius, Didus ineptus e a posíbel especie Didus borbonicus.

Hoxe en día só se recoñecen dúas especies de rafinos, sendo Didus ineptus un sinónimo menor subxectivo de Raphus cucullatus; Didus borbonicus? é clasificado como o ibis Threskiornis solitarius, e Didus nazarenus identificouse como sinónimo de Pezophaps solitaria.

Unha suborde descrita e nomeada en 1893 por Sharpe, Didi, foi definida como un grupo que incluía só a aves grandes que eran próximas aos colúmbidos, das illas Mascareñas de Mauricio, Reunión e Rodrigues. Os trazos que agrupaban a Didi con Columbidae eran o ángulo da mandíbula e o gancho nol extremo do pico.

En 1811 Johann Karl Wilhelm Illiger creou unha nova familia para o xénero Didus. Denominouna Inepti, e nela inclíu só a Didus ineptus, agora un sinónimo de Raphus cucullatus. Illiger concluíu que o dodo estaba emparentado coas avestruces e os ñandús, polo que situou a Inepti na orde das Ratites (hoxe Struthioniformes, como unha familia achegada aos Gallinacei, Epollicati (un grupo inválido que incluía aos xéneros Turnix e Syrrhaptes, Columbini e a Crypturi.

En 1842 Johannes Theodor Reinhardt propuxo que estas eran pombas terrestres, baseándose en estudos dun cranio de dodo que el redescubriu na colección real danesa en Copenhague. Esta idea foi ridiculizada, pero máis tarde recibiu o apoio de Strickland e Melville, que suxiriron un ascendente común para o solitario e o dodo en 1848, tras a disección do único espécime coñecido de dodo con tecidos brandos e comparalo cos poucos restos daquela dispoñíbeis do solitario. Strickland estableceu que aínda que non eran idénticas, estas aves compartían moitas características distintivas nos ósos das patas, trazos que polo demais só se coñecían nas pombas.

Os rafinos son ás veces separados como unha familia distinta denominada Raphidae, e as súas afinidades foron durante moito tempo incertas. Foi situada en principio entre as ratites, debido ás súas peculiares apomorfías relacionadas coa incapacidade de voar, e suxeriuse tamén unha relación cos rálidos. Porén, os datos osteolóxicos e moleculares concordan en que o máis apropiado é situalos dentro dos Columbidae. Propuxéronse moitas afinidades diferentes para o dodo, incluíndo que fora unha pequena avestruz, un rálido, un albatros ou incluso un voitre.

Filoxenia A comparación das secuencias de ADN, do citocromo b mitocondrial e do rRNA 12S illados nun tarso dun dodo e nun fémur dun solitario de Rodrigues confirmaron a súa achegada relación e a súa clasificación dentro dos Columbidae. Interpretouse que a evidencia xenética mostraba que a pomba de Nicobar do sueste asiático era o seu parente vivo máis próximo, seguida polas guras de Nova Guinea e a pomba manumea, superficialmente parecida ao dodo, procedente de Samoa. O nome do xénero desta última é Didunculus ("pequeno dodo"), e foi chamada dodlet ("dodiño") por Richard Owen.

O seguinte cladograma, baseado en Shapiro e colaboradores (2002), mostra a achegada relación do dodo co resto dos Columbidae, un clado que consta, en xeral, de especies terrestres endémicas de illas.

En 2014, o ADN do único espécime coñecido da recentemente extinta pomba verde manchada (Caloenas maculata) foi analizado, e encontrouse que era un parente achegado da pomba de Nicobar e, por tanto, tamén do dodo e do solitario de Rodrigues.

O seguinte cladograma, de Shapiro e os seus colaboradores (2002), mostra as relacións máis achegadas destas pombas dentro dos colúmbidos, un clado formado por especies endémicas de illas que xeralmente habitan no solo.<ref>Shapiro, B.; Sibthorpe, D.; Rambaut, A.; Austin, J.; Wragg, G. M.; Bininda-Emonds, O. R. P.; Lee, P. L. M.; Cooper, A. (2002): "Flight of the Dodo" (PDF). Science 295 (5560): 1683.</ref>

miniatura|A pomba de Nicobar (Caloenas nicobarica) é o parente vivo máis achegado ao dodo e ao solitario de Rodrigues. Un cladograma parecido foi publicado en 2007, aínda que intercambiando a posición de Goura e Didunculus e incluíndo á pomba faisán (Otidiphaps nobilis) e á pomba terrestre de pico groso (Trugon terrestris) na base do clado. Baseándose nas evidencias moleculares e de comportamentos, Jolyon C. Parish propuxo que o dodo e o solitario de Rodrigues deberían situarse na subfamilia Gourinae, xunto coas pombas do xénero Goura e outras, de acordo coa evidencia xenética.

Durante moitos anos o dodo e o solitario de Rodrigues foron situados na súa propia familia, a dos Raphidae (anteriormente Dididae), debido a que as súas relacions precisas con outras pombas non podían seren resolvidas. Cada unha de ambas as especies foi situada tamén na súa propia familia monotípica (Raphidae e Pezophapidae, respectivamente), xa que se pensaba que evolucionarano nos sus trazos similares de maneira independente. os datos osteolóxicos e moleculares levaron posteriormente á disolución da familia Raphidae, e o dodo e o solitario foton situados na súa propia subfamilia, Raphinae,En 1966, Raphinae fue nomeada para unha subfamilia de insectos dentro dos Noctuidae. Máis tarde sóubose que era sinónimo de Dilobinae. na familia dos colúmbidos.

O solitario de Reunión, por largo tempo considerado como unha terceira ave deste grupo, foi reclasificado como un ibis, e é coñecidos desde entón como Threskiornis solitarius.

Diverxencia Un estudo de 2002 indicou que os antepasados do solitario de Rodrigues e do dodo diverxeron ao redor do límite entre o paleóxeno e o neóxeno. As illas Mascareñas (Mauricio, Reunión e Rodrigues), son de orixe volcánica e teñen menos de 10 millóns de anos de antigüidade. Polo tanto, os antepasados de ambas as aves probabelmente eran aínda capaces de voaren durante un período considerábel tras a separación das súas liñaxes evolutivas. A carencia de mamíferos herbívoros que competiran polos recursos alimenticios nestas illas permitiu que o solitario e o dodo alcanzaran grandes tamaños. O ADN obtido do espécime de Oxford está degradado, e non se extraeu ADN utilizábel dos restos subfósiles, polo que a idade da diverxencia destes con respecto a outras pombas aínda necesita unha verificación independente. O dodo perdeu a habilidade de voar debido á carencia de mamíferos depredadores en Mauricio. Outra gran pomba non voadora, a pomba xigante de Viti Levu (Natunaornis gigoura), foi descrita en 2001 a partir de material subfósil de Fiji. Era só lixeiramente máis pequena que o dodo e o solitario de Rodrigues, e tamén se cre que estaba relacionada coas pombas gouras.

Estimouse que o grupo que contén ao dodo e ao solitario de Rodrigues diverxeu de xéneros como Goura'' hai uns 1,5 millóns de anos. Porén, esta estimación parece ser sumamente improbábel. Outras estimacións indican que os parentes de ambas as especies chegaron ás illas hai 35 millóns de anos, cando había unha ponte terrestre entre os bancos de Nazareth (Rodrigues) e Cargados Carajos, e Mauricio se formaba.

Características A maior parte dos trazos dos esqueletos que distinguen ao dodo e ao solitario de Rodrigues, o seu parente máis achegado entra as demais pombas, atribuíuronse á súa inhabilidade de voar. Os elementos pelvianos eran máis grosos que os das pombas voadoras para soportaren o seu maior peso, e a rexión pectoral e as pequenas ás eran pedomórficos, o que significa que non estaban ben desenvolvidos e retiñan trazos xuvenís. O cranio, tronco e os elementos pélvianos eran peramórficos, o que significa que cambiaban considerabelmente coa idade. O dodo compartía varias outras características co solitario de Rodrigues, como trazos do cranio, a pelve e o esterno, así como o seu gran tamaño. Difería noutros aspectos, como ser máis robusto e curto que o solitario, ter o cranio e o pico máis grandes, a bóveda cranial arredonada, e órbitas máis pequenas. O pescozo e as patas do dodo eran proporcionalmente máis curtas, e non posuía un equivalente da protuberancia presente nos pulsos do solitario.

miniatura|260px|esquerda|Unha coñecida imaxe de catro aves extintas: o dodo co guacamaio de Guadalupe á esquerda; o guacamaio de Martinica, á dereita, e a galiñola vermella, abaixo.