Jorge Carlos de Almeida Fonseca, nado en Mindelo o 20 de outubro de 1950, é un político, xurista e profesor universitario caboverdiano, que foi presidente da República de Cabo Verde entre 2011 e 2021.

Gañou as eleccións presidenciais de 2011 apoiado polo Movemento para a Democracia (MpD) e foi reelixido nas eleccións presidenciais de 2016, tamén apoiado polo mesmo partido.

Traxectoria Foi candidato a Presidente da República nas eleccións de 2001, concorrendo contra Pedro Pires, que resultou vencedor. Volveuse presentar como candidato nas eleccións do 7 de agosto de 2011, desta vez apoiado polo MpD, e venceu tanto na primeira volta (co 38% dos votos) como na segunda (co 54,16%), contra o candidato apoiado polo Partido Africano da Independencia de Cabo Verde (PAICV), Manuel Inocêncio Sousa. Converteuse así no cuarto presidente da historia de Cabo Verde dende a independencia e o segundo non pertencente ao PAICV.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Mindelo Categoría:Presidentes de Cabo Verde Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Políticos de Cabo Verde