miniatura|250px|con forma de colmea na rexión de Extremo Norte, no Camerún. As cabanas musgum de lama son estruturas domésticas tradicionais do pobo musgum, que habita na subdivisión Maga, na división Mayo-Danay, na rexión de Extremo Norte no Camerún. As vivendas constrúense nunha gran variedade de formas, tales como viviendas altas ou cónicas abovedadas, algunhas con forma de V invertido e outras con deseños xeométricos.
Estas cabanas musgum son un exemplo de "construcións de terra". Cun deseño sinxelo, están feitas de lama, palla e auga empregando poucas ferramentas. Cunha forma semellante á das colmeas ou cunchas, son coñecidas popularmente como "cases obus" (en francés).
Historia As casas foron construídas a partir da terra seguindo unha práctica tradicional antes da aparición do cemento. Porén, estas estruturas xa non son populares xa que son consideradas obsoletas. Moi poucos musgum constrúen este tipo de construción no presente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Jean Boutrais (et al.), Le Nord du Cameroun. Des hommes. Une région, ORSTOM, París, 1984, 539 p. Clément Dili Palaï et Kolyang Dina Taïwé (dir.), Culture et identité au Nord-Cameroun, L'Harmattan, 2008, 264 p. Bertrand Lembezat, Les populations païennes du Nord-Cameroun et de l'Adamaoua, Presses universitaires de France, París, 1961, 252 p. Alain Marliac, Archéologie du Diamaré au Cameroun septentrional : milieux et peuplements entre Mandara, Logone, Bénoué et Tchad pendant les deux derniers millénaires, Archaeopress, Oxford (England), 2006, 182 p.
Categoría:Cultura do Camerún