Jorge Buxadé Villalba, nado en Barcelona en 1975, é un avogado e político catalán.
Traxectoria Licenciouse en dereito pola Universidade Abat Oliva en 1999. En 2003 ingresou no corpo de avogados do Estado, destinado ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña .
Foi o avogado coa responsabilidade de recorrer contra o referendo de Arenys de Munt en 2009 . Traballou en diversos despachos de avogados e dende marzo de 2018 é árbitro no Tribunal Arbitral de Barcelona .
En 1995 presentouse na candidatura da Falange Española de las JONS en Tarragona como número sete nas eleccións ao Parlamento de Cataluña. Ao ano seguinte figurou no número oito da Falange Española Auténtica por Barcelona nas eleccións xerais de 1996 . En 2016 integrou como vicepresidente segundo a candidatura de Santiago Abascal para presidir Vox, e forma parte da executiva nacional do partido .
É profesor asociado de dereito administrativo na Universidade Internacional de Cataluña e na Universidade Abat Oliva. Foi presidente do Foro Català de la Família, secretario da Fundación Joan Boscà (2014 - 2015) e un dos impulsores da creación da Sociedad Civil Catalana.
En marzo de 2020 ás portas do Parlamento Europeo dixo que eran "fermosas" as imaxes dun vídeo no que se vía a inmigrantes refuxiados fuxindo dunha violenta persecución por parte da policía grega despois de que os refuxiados tentasen entrar ao país heleno.
Notas
Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Políticos de Vox Categoría:Avogados de España Categoría:Falanxistas Categoría:Extrema dereita en Cataluña