You in Reverse é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Built to Spill, publicado o 11 de abril de 2006 a través do selo Warner Bros. Records. O grupo incorporou un novo membro para este disco, converténdose nun cuarteto por primeira vez. Tamén foi o seu primeiro álbum dende Ultimate Alternative Wavers que non foi gravado ou producido por Phil Ek. Neste disco a banda estaba formada por Martsch, Brett Nelson, Scott Plouf e Jim Roth. You in Reverse foi gravado en Portland, Oregón, no estudio Audible Alchemy.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Built to Spill Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records