Mocidade sen deus (en ) é a terceira novela do escritor austrohúngaro Ödön von Horváth, publicada en alemán en 1937. En 1938, o libro foi colocado na lista de autores prohibidos polo réxime nacional-socialista.
Sinopse Mocidade sen deus é a narración en primeira persoa dun profesor de trinta e catro anos, que ensina Xeografía e Historia nun instituto da Alemaña durante a década de 1930. Contrario á ideoloxía racista e totalitaria imperante, ten que evitar manifestarse abertamente para non perder o seu emprego nunha época de grave crise económica.
Adaptacións
Nur der Freiheit gehört unser Leben ("As nosas vidas pertencen só á liberdade", 1969). Filme para televisión dirixido por Eberhard Itzenplitz. Wie ich ein Neger wurde ("Como me convertín en negro", 1970). Filme dirixido por Roland Gall. Jugend ohne Gott ("Mocidade sen deus", 1991). Filme dirixido por Michael Knof. Jeunesse sans Dieu ("Mocidade sen deus", 1996). Filme para televisión dirixido por Catherine Corsini. Jugend ohne Gott ("Mocidade sen deus", 2017). Filme dirixido por Alain Gsponer.
Traducións
Mocidade sen deus (2017). Tradución directa ao galego de Patricia Buján. Irmás Cartoné.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Krischel, Volker: Ödön von Horváth: Jugend ohne Gott. Königs Erläuterungen und Materialien (Bd. 400). Hollfeld: Bange Verlag 2004. ISBN 978-3-8044-1797-7 Klaus Kastberger: Sich ins Exil Schreiben: Ödön von Horváths Jugend ohne Gott Online auf Academia.edu
Categoría:Obras literarias de 1937 Categoría:Novelas en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego