Candice DeLong, nada o 16 de xullo de 1950, é unha exaxente e criminóloga do FBI. DeLong foi a xefa de perfís crimimais en San Francisco, California, e traballou no caso Unabomber. É a presentadora dos programas de televisión de Investigation Discovery Deadly Women e Facing Evil with Candice DeLong.
Traxectoria Naceu e criouse en Chicago, Illinois, sendo filla dun contratista de construción e dunha ama de casa. DeLong declarou que o seu pai lle recomendou escoller unha carreira que fose práctica. Antes de entrar no eido criminal, DeLong traballou como enfermeira psiquiátrica no hospital da Universidade do Noroeste en Chicago, Illinois. Porén, cando tiña 28 anos divorciouse cun neno pequeno. Na busca dunha nova carreira, DeLong foi a Quantico, Virxinia en 1980 para asitir á academia de adestramento do FBI. Foi unha das únicas sete mulleres que foron recrutadas. DeLong traballou na oficina de Chicago do FBI despois de graduarse de Quantico. DeLong declarou que os seus tres obxectivos profesionais eran: "involucrarse nun caso criminal nacional de alto perfil, atrapar un asasino en serie e rescatar unha vítima de secuestro con vida".
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Chicago