O Atacama Pathfinder Experiment (APEX) é un radiotelescopio situado a 5100 m sobre o nivel do mar en Atacama, Chile.
No 2019 participou na realización da primeira fotro dun burato negro.
Información xeral Forma parte de ALMA. Atópase dentro do Observatorio Llano de Chajnantor no Deserto de Atacama, ó norte de Chile, a 50 km ó leste de San Pedro de Atacama. É unha colaboración de 3 institucións europeas de investigación: Max Planck Institute for Radio Astronomy (MPIfR, 55%), Onsala Space Observatory (OSO, 13%) e ESO (32%). Está operado por ESO.
O disco maior ten un diámetro de 12 m, consistente en 264 paneis de aluminio cunha precisión media na súa superficie de 15 micrómetros. Foi inaugurado de xeito oficial o 25 de setembro de 2005. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web de APEX.
Categoría:Radiotelescopios Categoría:Chile Categoría:Deserto de Atacama