José Torres Paz, nado en Cerdedo e finado en Alba o 11 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro. Foi posto en liberdade o 14 de decembro de 1934 canda Carlos González Estévez, Antonio Sueiro Cadavid, Sabino Bugallo Valiñas, Camilo Sueiro Bouzas, Francisco Varela Garrido e Alfredo Iglesias Álvarez.El Pueblo Gallego, 16-12-1934, p. 14. Pertenceu á Agupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido presidente da directiva en xaneiro de 1935,El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13. e membro da Sociedad de Agricultores de Cerdedo. Foi oficial do concello e concelleiro republicano. Integrante do "Comité de Emerxencia" que, en xullo de 1936, se significou en Cerdedo na defensa da legalidade republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse canda Francisco Varela Garrido e outros compañeiros no monte do Seixo (cova do Outeiro das Aveas). Cando visitaba o seu fogar, foi delatado por un veciño falanxista, detido e conducido ao cuartel da Garda Civil de Cerdedo. A noite do 11 de agosto de 1936 membros da Guardia Cívica e falanxistas de Cerdedo conducirono a Pontevedra xunto con Severino Bugallo Valiñas, Jesús González González, José María Taberneiro Fraiz, José Cortizo González e Manuel Garrido "o Negro". Esa noite, nun punto da estrada Pontevedra-Compostela, á altura do lugar de Alba foron asasinados José Torres, José María Taberneiro, Jesús González e José Cortizo e os seus corpos abandonados nunha gabia da estrada. Deron por morto a Manuel Garrido, mais deu sobrevivido. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Capitán Gosende amplía o Campo das Laudas cun recordo a Xosé Torres Paz
Categoría:Concelleiros de Cerdedo
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos