A arquieparquía de San Xoán Bautista de Curitiba dos ucraínos (en ) é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína no Brasil. En 2014 tiña 85.000 fieis bautizados.
Territorio A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica bizantina ucraína do Brasil, agás nos estados de Mato Groso do Sur, Mato Groso, Rondonia, Acre, Amazonas, Roraima, o Pará, o Amapá e a parte occidental do Paraná.
O territorio está dividido en 26 parroquias, e a sé arcebispal é a cidade de Curitiba, onde está a catedral de San Xoán Bautista.
Historia O exarcado apostólico do Brasil para os fieis de rito oriental foi erixido o 30 de maio de 1962 coa bula Qui divino consilio do papa Xoán XXIII.
O 29 de novembro de 1971 o exarcado foi elevado ao rango de eparquía, tomando o nome actual.
O 12 de maio de 2014 a eparquía foi elevada a sé metropolitana coa bula Attenta deliberatione do papa Francisco, cedendo ao mesmo tempo unha parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía da Inmaculada Concepción de Prudentópolis.
Episcopoloxio José Romão Martenetz, O.S.B.M. (30 de maio de 1962 - 10 de marzo de 1978, retirado) Efraím Basílio Krevey, O.S.B.M. (10 de marzo de 1978 - 13 de decembro de 2006, retirado) Valdomiro Koubetch, O.S.B.M., (dende o 13 de decembro de 2006)
Notas
Véxase tamén Páxina web oficial
Categoría:Divisións territoriais católicas no Brasil Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas