Kenneth é un antropónimo masculino inglés, escocés e escandinavo. É un nome anglicanizado procedente de dous nomes gaélicos completamente diferentes: Cainnech e Cinaed. A forma moderna de Cainnech é Coinneach; o nome deriva dunha palabra que significa "atractivo". O nome Cinaed deriva parcialmente da palabra celta *aidhu, co significado de "lume".
Unha forma curta de Kenneth é Ken ou Kent. O diminutivo é Kenny.
A onomástica de Kenneth é o 11 de outubro.
Persoas
Kenneth I de Escocia (810-858), primeiro rei de Escocia; Kenneth II de Escocia (971-995), rei de Escocia; Kenneth III de Escocia (997-1005), rei de Escocia; Kenneth Anger (nado en 1927), actor e director de cine estadounidense; Kenneth Anthony (nado en 1951), político de Santa Lucía, Kenneth Aplin (nado en 1958), coñecido como Ken P. Aplin, biólogo e zoólogo australiano; Kenneth Arrow (nado en 1921), economista estadounidense; Kenneth L. Bazemore (nado en 1989), coñecido como Kent Bazemore, xogador de baloncesto estadounidense; Kenneth D. Bowersox (nado en 1956), coñecido como Ken Bowersox, astronauta estadounidense; Kenneth Branagh (nado en 1960), actor de cine norteirlandés; Kenneth Burke (1897-1993), filósofo e teórico da literatura estadounidense; Kenneth Burns (nado en 1953), coñecido como Ken Burns, director estadounidense de documentais; Kenneth D. Cameron (nado en 1949), astronauta estadounidense; Kenneth Cook (1929-1987), xornalista, cineasta e novelista australiano; Kenneth Downing (nado en 1951), coñecido como K. K. Dowling, guitarrista inglés, membro de Judas Priest; Kenneth H. Downing (1917-2004), coñecido como Ken Dowling, piloto inglés de automobilismo; Kenneth Faried (nado en 1989), xogador de baloncesto estadounidense; Kenneth E. Gaspar (nado en 1953), coñecido como Boom Gaspar, músico estadounidense; Kenneth B. Gorelick (nado en 1956), coñecido como Kenny G., saxofonista estadounidense; Kenneth Grahame (1859-1932), escritor británico; Kenneth A. Green (nado en 1964), coñecido como Kenny Green, ex xogador de baloncesto estadounidense; Kenneth H. Jackson (1909-1991), lingüista e tradutor inglés; Kenneth Keeler (nado en 1961), coñecido como Ken Keeler, guionista e produtor de televisión estadounidense; Kenneth Leung (nado en 1970), coñecido como Ken Leung, actor estadounidense de cine e televisión; Kenneth Loach (nado en 1936), coñecido como Ken Loach, director de cine inglés; Kenneth McAlpine (nado en 1920), expiloto inglés de automobilismo; Kenneth Orange (nado en 1961), coñecido como Ken Orange, xogador de baloncesto estadounidense; Kenneth Ray Rogers (nado en 1938), coñecido como Kenny Rogers, cantante, músico e produtor musical estadounidense; Kenneth C. Stott (nado en 1954), coñecido como Ken Stott, actor escocés; Kenneth Turan (nado en 1946), crítico cinematográfico estadounidense; Kenneth Earl Wilber (nado en 1949), coñecido como Ken Wilber, filósofo estadounidense; Kenneth G. Wilson (1936-2013), físico estadounidense; Kenneth G. Wyatt (nado en 1952), político australiano; G. Kenneth Jenkins (1918-2005), numismático inglés; J. Kenneth Galbraith (1908-2006), economista estadounidense de orixe canadense; P. Kenneth Gethin (1940-2011), coñecido como Peter Gethin, piloto inglés de automobilismo; M. Kenneth Mann (nado en 1943), coñecido como Michael Mann, cineasta estadounidense; W. Kenneth Richardson (1911-1997), coñecido como Ken Ricardson, expiloto inglés de automobilismo; H. Kenneth A. Russell (1927-2011), coñecido como Ken Rusell, director de cine inglés; M. Kenneth Williams (nado en 1966), coñecido como Michael K. Williams, actor estadounidense.
Véxase tamén
Aeroporto internacional Kenneth Kaunda, en Lusaca, Zambia.