O triunfo do ovo (en , tamén coñecido polo título completo O triunfo do ovo. Un libro de impresións sobre a vida americana en relatos e poemas, en ) é un libro publicado orixinalmente en 1921 escrito polo estadounidense Sherwood Anderson. Foi o terceiro libro de Anderson en ser publicado por B.W. Huebsch e a súa segunda colección de historias despois do éxito de Winesburg, Ohio. O libro contén 15 historias precedidas por fotografías de sete esculturas de barro da muller de Anderson naquel entón, feitas polo escultor Tennessee Mitchell, que foron inspiradas polas personaxes do libro.

Contidos O volume inclúe as seguintes historias: "O mudo" ("The Dumb Man") "Quero saber por que ("I Want to Know Why") "Sementes" ("Seeds") "A outra muller" ("The Other Woman") "O ovo" ("The Egg") "Lámpadas apagadas" ("Unlighted Lamps") "Senilidade" ("Senility") "O home do abrigo marrón" ("The Man in the Brown Coat") "Irmáns" ("Brothers") "A trapela" ("The Door of the Trap") "A moza de Nova Inglaterra" ("The New Englander") "Guerra" ("War") "Maternidade" ("Motherhood") "De ningures á nada" ("Out of Nowhere Into Nothing") "O home da trompeta" ("The Man with the Trumpet")

Traducións

O triunfo do ovo (2015). Tradución directa ao galego de Celia Recarey e Carlos Valdés. Irmás Cartoné.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1921 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego