Julio Lois Meijomil, nado en Agrosagro (Carboentes, Rodeiro) en 1911 e finado na Latiza (Álceme) en 1980, foi un mestre e político galego.
Traxectoria miniatura|Escola da Latiza. Estudou no Seminario Menor de Lugo. Despois pasou a Escola Normal de Pontevedra, onde acadou o título de mestre en 1933, e foi destinado á escola de San Xoán de Camba. De ideoloxía republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. Foi suspendido de emprego e soldo durante 13 meses. Reingresou no maxisterio pero foi trasladado a Fozara. En 1946 pasou a Sabadelle, onde permaneceu até 1950.
A partir dese ano exerceu como mestre na escola da Latiza (Álceme) onde se xubilou en 1969. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Rodeiro. Cara a 1967 participou no programa Misión Rescate de Radio Nacional de España-TVE, e comezou a recoller restos arqueolóxicos. Nos anos setenta foi xuíz de paz de Rodeiro e nas primeiras elección democráticas intentou encabezar a candidatura da UCD en Rodeiro, aínda que sen éxito. Vida persoal Casou con Amadora Calviño Calvo e foi pai de Rubén Víctor (1935-2020), Carlos Mario (1936-2012) e José Luís Lois Calviño (1940).
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes