Un mapa do lar (en ) é unha novela escrita por Randa Jarrar publicada no ano 2008. O libro conta a historia dunha rapaza chamada Nidali, a versión feminina de Nidal, que quere dicir "loita". A Map of Home é un conto de maduración, que conta a historia de Nidali en Kuwait, Exipto e nos Estados Unidos.

Ambientado durante a invasión de Kuwait de 1990 e co conflito árabe-israelí como pano de fondo, a novela explora os problemas de Nidali e da súa familia, aludindo á pregunta de que quere dicir "lar" e á identidade da personaxe.

Foi traducido ó galego por Moncho Iglesias e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎