WOS Festival é un festival indoor radicado en Santiago de Compostela. A súa primeira edición tivo lugar en 2014. O seu programa inclúe, dependendo da edición, actividades de cinema, performance, mesas de debate e concertos.
Os espazos que forman ou formaron parte do seu programa inclúen o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia, a Fundación Eugenio Granell, o Teatro Principal, o Mercado de Abastos, o Salón Teatro, a Zona C, a sede da Fundación SGAE, a Sala Capitol, a Sala Malatesta, ou o cinema independente NUMAX. WOS recibiu o galardón ao mellor festival Indoor de 2018 nos European Festival Awards, o premio nacional á mellor promoción turística nos Iberian Festival Awards 2018, e foi destacado entre os dez mellores proxectos galegos de 2018 no Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.
O festival conta con apoio e colaboración entre outros do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia a Cidade da Cultura de Galicia e patrocinadores privados.
Notas
Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Festivais de música en España